miniatura|Brañas de Laíño, en Dodro. En xeografía, unha braña ou brañal é un terreo de pasto caracterizado por unha grande humidade e a presenza de vexetación herbácea e higroturbosa durante todo o ano, localizado habitualmente nos vales ou pés dos montes. As brañas son consideradas o proceso final de colmatación polo que as lagoas, após de seren recheadas polos sedimentos que arrastran os regatos e ríos, sofren un proceso de secado parcial. O estadio intermedio entre a lagoa e a braña denomínase gándara.
Etimoloxía Orixe do nome Existen varias teorías sobre a orixe etimolóxica do termo, que se emprega fundamentalmente no territorio histórico do Reino de Galicia. Aínda que tradicionalmente se pensaba que podería ter procedido do latín ( ou ), por seren as brañas terreos de pastos especialmente no verán, cando estas permanecían máis secas e menos húmidas, o feito de ter unha b inicial leva a pensar nunha orixe anterior.
Outras voces avogan pola orixe gaélica (céltico warenne ou garenne) segundo recolle o dicionario Trevoux.
As primeiras voces escritas en mencionaren o termo braña datan do século XVIII. Así, en 1976, Francisco Cónsul Xove e Tineo publica unha memoria na que se documentaban o coñecemento do terreo e as súas implicacións agrícolas, así como a súa adaptación ao clima, especialmente na rexión noroeste da península Ibérica. Nesa publicación, o autor destaca a abundancia de terreos húmidos no territorio galego:Ramil-Rego, P, Gómez-Orellana, L., Ferreiro da Costa, J: (Eds.) (2017). Conservación e xestión de humidais en Galicia. Horreum-Ibader, Lugo. 167p.
Braña como parte da toponimia de Galicia Existen numerosos lugares en varias ducias de parroquias galegas onde se rexistra o topónimo A Braña ou derivados. O hidrónimo, similar aos derivados das gándaras ou lagoas, correspóndese habitualmente co ecosistema no que se atopan.
Características As brañas caracterízanse principalmente pola súa humidade. Sen chegaren a ser lagoas ou humedais, cubertos de auga durante todo o ano, as brañas son terreos moi húmidos, enchoupados e mesmo asolagados no inverno, especialmente após de precipitacións persistentes no tempo. Así, as brañas poderían considerarse como terreos de vexetación e terreo bimodal, con grandes cantidades de auga no inverno e zonas máis secas no verán. Isto fai que durante o verán proliferen herbas nas que poden pastar os herbívoros sen se enchoupar.
A menor humidade das brañas con respecto ás gándaras, lagoas e terreos ribeiráns débese á colmatación de sedimentos arrastrados polas augas que escorregan por pequenos regatos e outros cursos de auga (incluso pódense formar en zonas de augas subterráneas ou simplemente áreas de drenaxe insuficiente). As brañas adoitan ter solos relativamente impermeábeis, polo que tras varios días ou semanas de choivas persistentes, a auga adoita acumularse.
A humidade e a dispoñibilidade de auga fan que a fauna das brañas abonde en anfibios. Destacan, entre outros, as ras, sapos, cobras, ratas de auga, píntegas e outros anfibios. Tamén, froito da abundancia de pastos e vermes, frecuentan as brañas xabarís, animais de pasto e gran cantidade de aves.
En canto á flora, nas brañas pódense atopar brións, turbas e outros musgos que reteñen auga, así como xuncos, violetas, ranunculos e outro tipo de vexetación que tamén se pode atopar en ribeiras. As brañas formadas principalmente por turbas e outras plantas higrófilas adoita denominarse turbeira.
As brañas na cultural popular A orografía e climatoloxía de Galicia, con invernos moi húmidos e chuviosos, con veráns suaves e con menos precipitacións, fixo que na estación estival as brañas tivesen unha maior importancia no seu uso como pasto da gandaría. Segundo o autor Manuel Domínguez Baleirón, as brañas de Laíño, no concello coruñés de Dodro, foran lugares recoñecidos para o engorde dos mellores bois de Galicia. As propias brañas de Laíño foron mencionadas en diferentes textos por Rosalía de Castro, o padre Sarmiento, ou mesmo aparecen referenciadas en dicionarios ou coplas da cantiga popular.Juan Sobreira Salgado (1792-1797): Papeletas de un diccionario gallego.
Sinónimos Ademais dos termos derivados de braña, como son brañal ou brañeira, brañoeiroConstantino García González (1985): Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27. ou abraño. Outros termos similares son tremedal, tremedeiro, tremesiño, tremo, tremoal, lameiro, trollo, labañeiro ou brulleiro.
Notas
Bigliografía
RODRÍGUEZ - OUBIÑA, J. (1982). Brañas en Galicia Meridional. Ecología, flora y vegetación. Tesis de Licenciatura. Univ. Santiago de Compostela.
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Gándara Lagoa Turbeira Brañas de Xestoso Zona húmida
Ligazóns externas Zonas húmidas de Galicia]
Categoría:Ecosistemas Categoría:Hidroloxía