Cecilia Rikap, nada en 1984, é unha economista arxentina, especializada en política internacional e economía da innovación. É xefa de investigación do Institute for Innovation and Public Purpose (IIPP e profesora asociada de economía no University College London (UCL). Tamén asesora ao Goberno de Brasil na súa estratexia de soberanía dixital.

Soberanía Dixital Rikap é unha das principais críticas ás grandes tecnolóxicas e a como estas empresas actúan como monopolios intelectuais, apropiándose das rendas dos ecosistemas de investigación e desenvolvemento. Defende a soberanía dixital e o dereito desde o sector público a desenvolver capacidades independentes en intelixencia artificial, infraestrutura pública dixital, xestión de datos e tecnoloxía na nube.

En setembro de 2024 foi impulsora dunha carta asinada por unha cincuentena de economistas de relevancia internacional, entre eles Thomas Piketty, Yanis Varoufakis, Daron Acemoglu ou Mariana Mazzucato ademais de nomes destacados como Shoshana Zuboff, Evgeny Morozov ou a xurista Renata Ávila mostrando a preocupación polo esforzo global das grandes empresas por controlar o desenvolvemento dixital dos países e expresando a "profunda preocupación con respecto aos ataques continuos por parte das grandes empresas tecnolóxicas e os seus aliados contra a soberanía dixital do Brasil” tras a disputa do goberno do Brasil con Elon Musk. Obra Teoría de la dependencia digital. Soberanía y desarrollo en el capitalismo del siglo XXI. Editorial Caja Negra. ISBN 978-987-8272-48-1

Notas

Categoría:Profesores do University College London Categoría:Nados en 1984