miniatura|dereita|A colectividade boliviana en España celebra a súa festa na honra á Virxe de Urkupiña no paseo do Prado de Madrid (2018). A inmigración boliviana en España conforma a comunidade máis numerosa de bolivianos en Europa e a segunda maior congregación dos mesmos no mundo enteiro, fóra do seu país orixinario (a primeira reside na Arxentina). Está integrada principalmente por aqueles cidadáns provenientes da Paz e Cochabamba, o cal se atopa composto na súa maioría por indíxenas de lingua quechua e aimará. Traballan principalmente como comerciantes de artesanías e produtos textís. A poboación de orixe boliviana concéntrase principalmente nas comunidades autónomas de Cataluña e Madrid, aínda que hai importantes comunidades en todo o país.

Entre 2002 e 2008 o número de bolivianos en España medrou de 13 517 a 239 942. A crise económica internacional iniciada en 2008 afectou á poboación inmigrante en España, e a magnitude da colonia boliviana minguou de xeito notable por mor do retorno masivo de cidadáns bolivianos dende solo español, xa sexa de maneira voluntaria ou por deportación de quen se atopan en situación de inmigración irregular, con todo, continúa sendo a comunidade de bolivianos máis numerosa fóra de América e a máis numerosa en Europa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Relacións Bolivia-España

Categoría:Inmigración en España Categoría:Diáspora boliviana Categoría:Historia de Bolivia