miniatura|Flotilla de destrutores da Royal Navy en 1942. miniatura|Probas en 1978 da flotilla ISEE de estudo do Sol. miniatura|Flotilla de buques de patrulla costeira da Kaiserliche Marine do Imperio alemán en 1914. miniatura|Flotilla de submarinos da Armada dos Estados Unidos en 1918. Flotilla é un termo que se emprega para designar unha pequena frota de barcos (mercantes ou militares), normalmente entre 2 e 10 buques ou un grupo de aeronaves. Porén, o uso máis habitual de flotilla adoita referirse a unha división de buques nunha frota, un conxunto de barcos pequenos ou pouco numerosos. Terminoloxía

Unha flotilla da armada é unha parte máis pequena do número total de buques dunha escuadra, escuadrón ou frota, e tamén é común o termo para designar un conxunto de embarcacións de apoio ou axuda humanitaria.

Tamén se utiliza noutros contextos, como o eido aeroespacial; por exemplo a Axencia Espacial Europea menciona a Cluster flotilla, varias publicación da NASA sobre o Halley usan flotilla of spacecraft, etc.

Tradicionalmente, as flotillas organizábanse por rexión de operación, como a Flotilla de Azov da antiga Unión Soviética; por clase, como os destrutores; por tamaño; por misión, como a "Flotilla para o alivio das vítimas do terremoto de Haití" ou "Flotilla Global Sumud"; ou por función, como os buques de apoio (buques hospital, buques taller ou buques de subministración). Cando se organizan por tamaño, os máis grandes e potentes coñecíanse como "buques de escuadra" ou de "escuadrón" ou "buques de frota", mentres que os máis pequenos e menos potentes coñecíanse como "buques de flotilla". Nalgunhas mariñas, as flotillas de certos tipos de barcos chámanse "escuadrillas".

Organización A flotilla militar adoita estar comandada por un capitán. Ocasionalmente, dependendo da organización de cada armada, pode estar comandada por un comodoro ou un contralmirante. Cando está comandada por un oficial superior, ese acostuma ser tamén o comandante do buque insignia da flotilla.

Especialmente despois da Segunda guerra mundial, co aumento das capacidades e o tamaño dos destrutores e as fragatas, que se converteron nos principais buques de guerra da maioría das armadas, estes buques deixaron de organizarse en flotillas e comezaron a agruparse en escuadras ou escuadróns. Por outra banda, a organización naval tradicional de flotillas, divisións e escuadróns foi substituída por agrupacións operativas temporais en grupos de traballo e forzas de traballo.

Nalgunhas armadas, o termo "flotilla" mantívose como designación para certas agrupacións administrativas de buques e aeronaves navais. A flotilla pode estar dividida en dúas ou máis divisións.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dictionnaire Gruss de Marine (1943), Éditions Maritimes et d'Outre-Mer FREITAS, António Gregório de (1855), Novo Diccionário da Marinha de Guerra e da Marinha Mercante, Lisboa Outros artigos Cooperación internacional Armada Frota

Categoría:Armadas Categoría:Unidades militares Categoría:Barcos