A tempada 2009-2010 da Naisten SM-sarja foi a 28ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. Ao finalizar a tempada o Ilves de Tampere gañou o seu décimo campionato logo de impoñerse nas finais (3-2) ás Blues de Espoo. Pola súa banda o HPK gañou a súa segunda medalla de bronce consecutiva logo de derrotar no partido polo bronce ás Kärpät de Oulu (5-2).
Equipos participantes NomeCidadeAPV AlavusBlues EspooHPK HämeenlinnaIlves TampereJYP JyväskyläKärpät OuluLoKV LohjaSalo HT Salo
Cualificación Ao principio da tempada xogouse unha liga de cualificación a dobre volta entre os oito equipos participantes, polo que cada equipo disputou un total de 14 partidos. Ao finalizar esta fase os seis mellores equipos clasificáronse para disputar a liga regular, mentres que os dous peores equipos disputaron unha liga pola permanencia fronte os catro mellores equipos da segunda categoría.
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1Ilves 14 12 0 0 2 112 19 +93 362HPK 14 11 1 1 1 80 18 +62 363Blues 14 9 2 1 2 81 28 +53 324Kärpät 14 8 1 1 4 76 28 +48 275LoKV 14 5 0 1 8 39 70 -31 166Salo HT 14 5 0 0 9 23 59 -36 157JYP 14 2 0 0 12 21 82 -61 68APV 14 0 0 0 14 11 139 -128 0
Liga regular A segunda fase da liga consistiu nunha liga regular a tripla volta entre os seis mellores clasificados da fase cualificatoria, polo que cada equipo xogou 15 partidos máis. Os resultados da rolda preliminar contáronse para a clasificación nesta fase da competición. Ao final da liga regular os seis equipos foron divididos en dous grupos para establecer a clasificación para os play-offs.
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1HPK 29 24 3 1 1 164 35 +129 792Ilves 29 24 0 0 5 186 46 +140 723Blues 29 17 3 1 8 127 66 +61 584Kärpät 29 14 1 4 10 113 76 +37 485Salo HT 29 7 0 0 22 38 122 -84 216LoKV 29 6 0 1 22 62 156 -94 19
Estatísticas das xogadoras Líderes de anotación
XogadoraEquipo1 Linda Välimäki Ilves4235772 Satu Niinimäki Ilves2632583 Riikka Noronen HPK2127484 Anne Helin Kärpät2819475 Kati Kovalainen HPK1828466 Jenni Hiirikoski Ilves439437 Jenni Pitkänen Kärpät2219418 Marjo Voutilainen Blues2217399 Christine Posa Blues21183910 Katja Riipi HPK172239
Play-offs Logo da liga regular, os seis equipos en competición repartíronse en dous grupos, xogando unha liguiña a unha volta todos contra todos, os dous equipos mellor clasificados avanzaron ás semifinais.
Grupo A 3.3. HPK Kärpät 6–0 6.3. Salo HT HPK 1–7 7.3. Kärpät Salo HT 3–0 HPK (4 pts), Kärpät (2 pts), Salo HT (0 pts) Grupo B 3.3. Blues LoKV 4–3 6.3. LoKV Ilves 2–7 7.3. Ilves Blues 4–1 Ilves (4 pts), Blues (2 pts), LoKV (0 pts)
Series As series polo título decidíronse entre os catro equipos mellor clasificados da fase de grupos dos play-offs. Todas as eliminatorias disputáronse ao mellor de cinco partidos, mentres que o partido polo bronce disputouse a partido único.
Equipo campión O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino na tempada 2009-10 estivo integrado polas seguintes xogadoras:
Blues Porteiras: Viivi Vartia, Linda Selkee, Erika Pänkäläinen
Patinadoras: Linda Välimäki, Satu Niinimäki, Jenni Hiirikoski, Annina Rajahuhta, Sari Kärnä, Rosa Lindstedt, Johanna Koivula, Mari Saarinen, Venla Hovi, Steffi Gustavsen, Heli Myllymäki, Vilja Lipsonen, Emma Haataja, Eija Mäkinen, Anna Kilponen, Amanda Björkqvist, Piia Perälä, Merja Halmetoja, Heidi Pelttari, Anna Venho, Nina Linde </div>
Liga pola permanencia Nesta tempada, os dous equipos peor clasificados da liga regular (JPY e APV) disputaron unha liga pola permanencia a cuádrupla volta contra os tres mellores equipos da segunda categoría, polo que cada equipo disputou 16 partidos. Os tres primeiros clasificados disputaron a Naisten SM-sarja 2010-2011, mentres que os outros dous xogaron na segunda categoría na tempada seguinte.
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1KalPa 16 11 2 2 1 75 35 +40 392JYP 16 11 2 1 2 67 27 +40 383APV 16 8 0 2 6 52 55 -3 264EKS 16 2 2 0 12 34 64 -30 105OuHu 16 2 0 1 13 28 75 -47 7
Notas
2010 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2010 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2009