Aurelia Yebra-Pimentel Vidal, nada en Ventosa (Agolada) o 5 de xaneiro de 1919 e finada en San Cibrao de Armental (A Peroxa) o 12 de outubro de 1962, foi unha farmacéutica galega.

Traxectoria Era filla de Julio Yebra-Pimentel Besteiro e Manuela Vidal Otero. Fixo os estudos de primaria na Golada. Estudou Química na Universidade de Santiago de Compostela de 1939 a 1943 e tamén Farmacia de 1940 a 1949. Exerceu como farmacéutica na Barrela e foi inspectora farmacéutica de Carballedo dende 1956. Colaborou na vacinación por todo o concello de Carballedo. Finou en Pitón o 12 de outubro de 1962.Necrolóxica en El Progreso, 13-10-1962, p. 7.

Vida persoal

Casou con Isauro González Bobe, e foi nai de Julio e Aurelia María González Yebra. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Aurelia Yebra-Pimentel Vidal en Pioneiras de Ciencia de Lugo.

Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1962