"Smooth Sailing" é unha canción da banda de rock estadounidense Queens of the Stone Age, incluída no seu sexto álbum de estudio, ...Like Clockwork. Foi lanzada como sinxelo promocional o 27 de febreiro de 2014. Dave Grohl (Foo Fighters, Nirvana) gravou a batería nesta canción do álbum.
Video musical O vídeo musical, dirixido por Hiro Murai, foi lanzado o 4 de abril de 2014. Nel aparece o líder Josh Homme como un home de negocios que se une a un grupo de empresarios xaponeses nunha noite na cidade chea de alcol, drogas, strippers e karaoke. Nun momento dado, golpean a un home e roubanlle o coche deportivo para dar unha volta. Un dos empresarios sepárase do grupo e alucina que a xente que o rodea son criaturas demoníacas con luz que sae dos seus ollos e bocas, e mátaas antes de que os outros empresarios o atopen. O vídeo remata no deserto, con Homme e os outros empresarios vendo como o seu socio enterraba os corpos das persoas que matou mentres sae o sol.
Notas
Categoría:Cancións de Queens of the Stone Age Categoría:Sinxelos de 2014