Gamma Ray é o EP de estrea de Gamma Ray, un proxecto musical do ex guitarrista de Kyuss Josh Homme, publicado en 1996 por Man's Ruin Records. Tras a separación de Kyuss en 1995, Homme gravou o material de Gamma Ray en Seattle co produtor Chris Goss, o baixista Van Conner e o batería Victor Indrizzo. O ex cantante de Kyuss, John Garcia, contribuíu cos coros á canción "Born to Hula". Tras o lanzamento do EP, Homme recibiu unha orde de cesamento porque o nome Gamma Ray xa estaba en uso por unha banda de power metal alemá. Homme cambiou o nome do proxecto a Queens of the Stone Age, e ambas as cancións de Gamma Ray foron reeditadas ao ano seguinte por Man's Ruin no EP compartido Kyuss/Queens of the Stone Age, que incluía algunhas das últimas gravacións de estudio de Kyuss e estreaba o alcume "Queens of the Stone Age" para o novo proxecto de Homme.

Ambos temas do EP Gamma Ray foron posteriormente regravados por Queens of the Stone Age. "If Only Everything" foi regravado co título abreviado "If Only" para o seu álbum de estrea, Queens of the Stone Age, en 1998, mentres que "Born to Hula" foi regravado e apareceu como cara B no sinxelo "The Lost Art of Keeping a Secret", do álbum do ano 2000 Rated R.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:EPs de Queens of the Stone Age Categoría:EPs musicais de 1986 Categoría:EPs de Man's Ruin Records