Esteban Maximiliano Andrada, nado en San Martín o 26 de xaneiro de 1991, é un futbolista arxentino que xoga de porteiro no Zaragoza, da Segunda División, cedido polo Monterrey.
Traxectoria
Debutou coa selección arxentina o 26 de marzo de 2019 nun amigable contra Marrocos, no que xogou como titular. Foi un dos tres porteiros convocados polo adestrador Lionel Scaloni para a Copa América de 2019, pero retirouse da convocatoria o 14 de xuño debido a unha lesión de xeonllo. Foi substituído por Juan Musso.
Notas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados na provincia de Mendoza Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Xogadores do CF Monterrey Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do Arsenal de Sarandí Categoría:Xogadores do CA Lanús Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina