O estearoíl-CoA ou estearil-CoA é un coencima que intervén no metabolismo de ácidos gradxos. O estearoíl-CoA é unha cadea de acilo graxo-CoA longo de 18 carbonos que participa nunha reacción de insaturación. A reacción é catalizada polo encima estearoíl-CoA desaturase, que está localizado no retículo endoplasmático. Forma un dobre enlace cis entre o noveno e o décimo carbonos da cadea para formar o produto oleoíl-CoA.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Metabolismo Categoría:Tioésteres do coencima A