Os poliprenois son alcohois isoprenoides de cadea longa naturais coa fórmula xeral H-(C5H8)n-OH, onde n é o número de unidades de isopreno. Un prenol con máis de 4 unidades de isopreno é un poliprenol. Os poliprenois exercen unha importante función, actuando como biorreguladores naturais e atópanse en pequenas cantidades en varios tecidos das plantas. Os dolicois, que se encontran en todos os seres vivos, incluíndo os humanos, son os seus derivados 2,3-dihidro.
Fontes As árbores vivas conteñen poliprenois. As follas aciculares das coníferas son unha das fontes máis ricas de poliprenois. Tamén están presentes nos cogomelos shiitake en cantidades traza.
Funcións Os poliprenois son biorreguladores naturais de baixo peso molecular (fisioloxicamente activos), que xogan un papel modulador significativo nos procesos celulares biosintéticos en plantas.
A actividade metabólica dos poliprenois ten lugar no fígado, onde son metabolizados a dolicois.
Un papel análogo ao dos poliprenois nas plantas, fano os dolicois en todos os seres vivos, incluíndo os humanos. Ambos son moi similares en composición química. Os dolicois son derivados dos poliprenois cunha unidade de isopreno saturada. Por medio dos dolicois ocorre o ciclo do dolicol fosfato, o cal é moi importante na biosíntese de glicoproteínas. Os dolicois teñen un importante papel no mantemento da correcta composición de lípidos nas membranas celulares. Unha diminución do nivel de dolicois foi ligado cun maior nivel de peroxidación de lípidos.
Posibles aplicacións médicas O interese nos poliprenois e dolicois está asociado co seu amplo rango de actividades bolóxicas demostradas e a sús toxicidade extremadamente baixa.
Os poliprenois poderían aplicarse na reparación celular e da espermatoxénese, e teñen actividades antistrés, adaptoxénicas, antiulceroxénicas e de curación de feridas.Roschin V.I. Chemical composition of lipid fraction of green pine and spruce needles. In edition Study and application of therapeutic-prophylactic medications based on natural biologically active compounds. Editado por V.G. Bespalov e V.B. Nekrasova, SPb. Eskulap, 2000, pp.114-116 Os dolicois teñen actividade antioxidante e protexen as membranas celulares da peroxidación. Experimentos feitos en ratos demostraron que os poliprenois teñen actividade antiviral, especialmente contra os virus da gripe. O nivel de dolicol nas células de tumores hepáticos está reducido comparado co das células hepáticas sas.
Notas
Categoría:Alcohois Categoría:Derivados de alquenos Categoría:Polímeros Categoría:Terpenos