Immagine in Cornice (imaxe nun marco en italiano) é un filme de concertos en directo que documenta a xira de cinco concertos por Italia en 2006 da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam. Foi estreado o 25 de setembro de 2007.

A película foi dirixida polo recoñecido fotógrafo Danny Clinch. e inclúe imaxes dos bastidores, así como actuacións dos concertos da banda en Boloña, Verona, Milán, Turín e Pistoia. Foi rodada en varios formatos, dende o Super-8 ata a alta definición. Immagine in Cornice foi certificada como disco de ouro pola RIAA.

Listaxe de cancións

Os créditos finais corresponden a "Love Boat Captain", gravada o 16/9/06 no Arena di Verona, Verona, Italia.

Notas

Categoría:Álbums de Pearl Jam Categoría:Documentais de rock