miniatura|300px|dereita|A bicicleta é o medio de transporte máis utilizado nalgúns países. A cultura ciclista ou cultura da bicicleta refírese ao conxunto de prácticas, normas sociais, valores e infraestruturas que configuran o uso e a integración da bicicleta como medio de transporte cotián, actividade recreativa ou elemento de identidade colectiva dentro dunha sociedade, comunidade, grupo social ou subcultura determinada.
O desenvolvemento dunha cultura ciclista adoita estar relacionado coa existencia de movementos cidadáns, a creación de infraestruturas axeitadas e coa adopción de políticas públicas favorables ao ciclismo. Elementos como vías ciclistas seguras, aparcadoiros para bicicletas, sistemas de bicicletas públicas ou campañas de educación ciclista facilitan a súa adopción.
Algúns países, como Países Baixos e Dinamarca, así como determinadas cidades, entre elas París, Barcelona, Valencia, Vitoria-Gasteiz ou Sevilla, son amplamente recoñecidos polo desenvolvemento e a consolidación dunha cultura ciclista, caracterizada por un uso cotián da bicicleta e pola presenza de infraestruturas e políticas públicas orientadas a favorecer este medio de transporte.
Notas
Véxase tamén Activismo ciclista Ciclabilidade Ecosistema ciclista
Categoría:Ciclismo Categoría:Cultura