Dimona (en ) é unha cidade localizada no distrito Sur de Israel, arredor de 30 km ao sueste de Beerseba e 35 km ao oeste do mar Morto, no deserto do Néguev. En 2024 tiña unha poboación de 39 672 habitantes.

Historia Dimona foi unha das "cidades de desenvolvemento" creadas na década de 1950 por iniciativa de David Ben-Gurion. Dimona foi concibida en 1953 e fundada en 1955. Cando comezou o programa nuclear israelí unha década despois, escolleuse un lugar non moi lonxe desta cidade para albergar o Centro de Investigación Nuclear do Néguev, debido ao seu relativo illamento no deserto e á posibilidade de construír no lugar.

O 21 de marzo de 2026 un mísil balístico iraniano impactou nunha zona residencial desta cidade provocando 200 persoas feridas e mostrando a vulnerabilidade do sistema antimisiles de Israel, e un dos segredos mellor gardados do país: a existencia dun programa nuclear. Algo xa denunciado polo científico Mordechai Vanunu, que foi encarcerado por desvelar ao xornal británico Sunday Times a existencia do reactor nuclear en Dimona.

Notas

Categoría:Cidades de Israel