Ismael "Isma" Cerro Sánchez, nado en Cáceres o 7 de xullo de 1995, é un futbolista estremeño que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Bergantiños Fútbol Club da Segunda Federación.

Traxectoria Real Madrid Tras iniciar a súa formación deportiva no Club Deportivo Diocesano, o 22 de maio de 2012 ingresou nas categorías inferiores do Real Madrid. O seu debut sénior co Real Madrid C tivo lugar o 22 de marzo de 2015, cando foi substituto nun empate 0-0 contra o CF Pozuelo de Alarcón da Terceira División.

Cerro marcou o seu primeiro gol sénior o 12 de abril de 2015, nunha derrota por 1-2 perante o CDA Navalcarnero. O 14 de xullo de 2015 foi cedido por un ano ao Racing de Santander da Segunda División B.

Sporting de Gijón O 21 de xullo de 2016, xa como axente libre, Cerro fichou polo Real Sporting de Gijón B. Para a tempada 2019/20 foi promovido ao Sporting de Gijón da Segunda División cun novo contrato por tres anos.

O debut profesional de Cerro tivo lugar o 18 de outubro de 2018, cando foi o substituto de Pablo Pérez nun partido da Copa do Rei 2018/19 contra o Rayo Majadahonda. O partido finalizou cun empate 1-1 no tempo regular e Cerro anotou o gol deciviso para unha vitoria por 4-3 na rolda de penaltis. O 17 de novembro dese ano, durante os primeiros minutos dun derbi asturiano contra o Real Oviedo, Cerro sufriu unha lesión de xeonllo que o apartaron do deporte durante o resto da tempada.

O 4 de setembro de 2019 regresou ao terreo de xogo nunha vitoria por 2-0 contra o Albacete Balompié. O 27 de outubro anotou o seu primeiro gol profesional nun triunfo por 4-0 perante o Real Zaragoza.

O 30 de xaneiro de 2020, tras xogar só 8 partidos na primeira metade da tempada 2019/20, Cerro foi cedido ao Club Deportivo Badajoz.

Andorra e Guijuelo O 17 de setembro de 2020 anunciose a chegada de Cerro ao Futbol Club Andorra cun contrato até xuño de 2021. O 4 de xaneiro de 2021, tras participar nun único partido co Andorra, Cerro fichou polo Club Deportivo Guijuelo.

Coria e Avilés En xaneiro de 2022, despois de varios meses sen equipo, Cerro fichou polo Club Deportivo Coria da Segunda División RFEF. Co club estremeño anotou 7 goles en 42 partidos. En xullo de 2023 asinou un contrato de dous anos co Real Avilés.

Marino de Luanco e Bergantiños Na tempada 2023/24 pasou a formar parte do Marino de Luanco. En xullo de 2025, tras anotar un total de 8 goles co equipo asturiano, Cerro fichou polo Bergantiños Fútbol Club da Segunda Federación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Isma Cerro en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Cáceres Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid C Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores do CD Guijuelo Categoría:Xogadores do Real Avilés CF Categoría:Xogadores do Marino de Luanco Categoría:Xogadores do Bergantiños FC