A lavandeira de San Simón é unha obra literaria infantil en galego escrita por Eva Mejuto e publicada en 2020 por Edicións Xerais de Galicia. Foi galardoado nos Premios Follas Novas do Libro Galego.
Argumento A historia está narrada desde a perspectiva de Teresa, unha nena redondelá que acompaña á súa nai Ramona a levarlles de xeito clandestino comida, cartas de familiares e roupa limpa aos presos encarcerados na illa de San Simón durante o franquismo. O argumento está baseado na historia das lavandeiras de San Simón, un grupo de mulleres que axudaron, arriscando a súas vidas e desafiando as normas do réxime franquista, aos prisioneiros políticos encerrados na illa. Mais concretamente, a historia remite á bisavoa da editora, Anaír Rodríguez, unha das lavandeiras documentadas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos As Madriñas de San Simón
Categoría:Obras literarias de 2020
Categoría:Novelas ambientadas en Vigo Categoría:Edicións Xerais de Galicia