A igrexa de San Miguel de Goiás é un templo relixioso situado na parroquia de Goiás (Lalín), no lugar da Igrexa. Está dedicada ao arcanxo Miguel e depende da diocese de Lugo.
Descrición esquerda|miniatura|Vista da ábsida. O templo ten orixe románica, e conserva elementos orixinais. No interior ten un arco triunfal de medio punto, apoiado sobre columnas pegadas con capiteis decorados con motivos vexetais e bases toscanas. A capela dos Deza, do século XVI, ten planta poligonal no interior e semicircular no exterior; acolle baixo arcosolios os sepulcros dos Salgado, dos que destaca a estatua orante de Amaro Gundín Salgado. Hai outra capela funeraria relacionada cos Casares. A porta da fachada está formada por dous pares de columnas acobadeladas e tres arquivoltas tóricas. O tímpano é liso e presenta un oco no centro. Conserva a espadana e no muro sur unha porta semicircular de dobre arquivolta.
No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar indícase que era anexa da igrexa de San Cristovo da Pena (desaparecida coa reforma parroquial de 1890), e que estaba servida por un cura de segundo ascenso e padroado lego».
Notas
Categoría:Lalín Goias