Markel Artetxe Artetxe, nado en Eibar o 23 de marzo de 1999, é un futbolista vasco que ocupa a posición de defensa central. Na tempada 2025/26 xoga no Racing Club de Ferrol da Primeira Federación.
Traxectoria Eibar Artetxe formouse nas categorías inferiores da Sociedad Deportiva Eibar. En 2020 comezou a xogar no Club Deportivo Vitoria da Terceira División, naquela altura un equipo asociado á estrutura do Eibar.
Barakaldo O 28 de xullo de 2022 anunciouse a chegada de Artetxe ao Barakaldo Club de Fútbol da Terceira Federación. Nas seguintes tempadas tivo un papel destacado no equipo e contribuíu a alcanzar dous ascensos consecutivos, primeiro á Segunda Federación e seguidamente á Primeira Federación.
Racing de Ferrol O 16 de xullo de 2025 foi presentado como novo xogador do Racing Club de Ferrol da Primeira Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Markel Artetxe en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Éibar Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Barakaldo CF Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol