O Teatro Vanemuine é un teatro de Tartu, Estonia. Foi o primeiro teatro en lingua estoniana. Orixinalmente foi unha sociedade coral e musical que celebrou a súa primeira función teatral no seu quinto aniversario. Nos anos seguintes, Vanemuine ampliouse para incluír unha orquestra sinfónica e unha compañía de ballet, mentres que o seu repertorio incluíu operetas e teatro musical con todo tipo de títulos operísticos e dramáticos. Vanemuine recibe o nome da cultura popular nórdica e mantén un repertorio duns 50 producións ao mesmo tempo, con 15 novas engadidas cada ano.

Baixo a dirección de Karl Menning, alumno de Max Reinhardt, o teatro cumpriu un propósito vocacional, poñendo moita énfase na formación de futuros talentos. As direccións posteriores priorizaron o valor do entretemento, mentres que Kaarel Ird, que dirixiu o Vanemuine durante máis de corenta anos, programou unha ampla variedade de xéneros e realizou xiras pola Unión Soviética.

A actividade do teatro, dende o final da Primeira Guerra Mundial, non cesou en ningún momento, nin sequera durante a ocupación nin tampouco durante a Guerra da Independencia.

Dende 2013, o Teatro Vanemuine é unha Fundación. Na actualidade é o único teatro de Estonia que reúne representacións dos tres xéneros escénicos: producións dramáticas, musicais e de danza.

Os edificios do Vanemuine O Vanemuine ocupou varias instalacións. A sé orixinal da Sociedade Vanemuine (en estoniano: Vanemuise Seltsi maja), na rúa Jaama, estivo en funcionamento durante 33 anos antes de ser destruída por un incendio en 1903. En 1906 foi substituída por unha nova sala deseñada polo arquitecto finlandés Armas Lindgren, na súa localización actual. Estas instalacións foron ampliadas na década de 1930 para solucionar problemas técnicos, pero foron destruídas por unha bomba durante a Segunda Guerra Mundial polo que, en 1944, retornou ao antigo Teatro Alemán en Dorpat. Reconstruído despois dun incendio en 1983, este teatro de estilo Art Nouveau recibe o alcume de "Casa pequena" (Vanemuise väike maja).

A "Casa Grande" (Vanemuise suur maja), completouse en 1967 e contén unha sala con capacidade para 682 persoas e, en 1970, completouse coa Sala de Concertos Vanemuine (Vanemuise Kontserdimaja), con capacidade para 842 persoas. O novo Sadamateater (Teatro do Porto) é unha sala de teatro moderna e polivalente, ás beiras do río Emajõgi, cun auditorio con capacidade para 167 persoas.

Historia

1870-1906: Sé da Societade Vanemuine O Teatro Vanemuine foi fundado como unha Sociedade (Sociedade Vanemuise; Vanemuise Selts) o 24 de xuño de 1865 por Johann Voldemar Jannsen. En 1869, a Vanemuine Selts organizou en Tartu o primeiro festival da canción en Estonia que reuniu a case mil cantantes e músicos de todo o país. O 24 de xuño de 1870, no quinto aniversario da sociedade, representouse Saaremaa Onupoeg (en galego, A prima de Saaremaa), de Lydia Koidula, na Casa da Sociedade na rúa Jaama. Foi a primeira obra que se representou alí e considérase a primeira obra en lingua estoniana e o nacemento do Teatro Nacional Estoniano. Esta representación, adaptada dunha obra do mesmo título de Theodor Körner, contou con escenografías dun pintor chamado Frischmuth e comezaba cunha escena dun curral con tres actores: Heinrich Rosenthal, Harry Janssen e Tõnis Pekk. A obra recibiu a aclamación popular e, polo tanto, programouse unha segunda función para o día seguinte. Máis tarde, Koidula dirixiu dúas obras máis, Maret ja Miina ehk kosjakased (Maret e Miina, ou as casamenteiras) e a comedia orixinal Säärane mulk ehk sada vakka tangusoola.esquerda|miniatura|A Casa (Sé) da Sociedade Vanemuine no século XIX.As actividades teatrais fixéronse máis consistentes en 1874, despois de que o fotógrafo Reinhold Sachker se convertese no seu director. Membro da Sociedade Vanemuine e actor activo, Sachker asegurou a supervivencia do teatro e reforzou esta vocación teatral e traduciu obras do dramaturgo alemán August von Kotzebue e empregou artesáns de Tartu como actores. En 1878, August Wiera foi seleccionado pola Sociedade Vanemuine como o seu director de canto, orquestra e escenario, a cambio dunha porcentaxe dos ingresos dos eventos. No auxe da rusificación, Wiera reuniu ao seu redor un gran grupo de persoas interesadas na música e o teatro estonianos. Nas súas memorias, o actor Leopold Hansen describiu a Wiera como unha persoa moi enérxica que "reuniu en si mesmo varias especialidades escénicas", sendo director de música, ballet e teatro, así como adestrador vocal.

A mediados da década de 1880, a compañía Vanemuine xa contaba con 100 membros e as actuacións realizábanse regularmente. Wiera tivo dous directores de escena para axudar a desenvolver o teatro: Ludvig Menning (1878–1886) e Hugo Techner (1886–1891), que se ocupaban principalmente de producións teatrais. O propio Wiera trouxo a música ao teatro estoniano; baixo a súa batuta, puxo en escena a primeira produción musical en lingua estoniana, Preziosa (1883) de Karl Maria von Weber. Posteriormente, Wiera dirixiu varias operetas, sendo a primeira ópera da compañía unha adaptación de Joseph in Aegypten de Étienne Méhul. Outras adaptacións foron versións en estoniano de L'Avare (1888) de Molière ou O mercador de Venecia (1888) e The Taming of the Shrew (1889) de Shakespeare.

Durante este período, ampliouse o escenario e decorouse o salón da sociedade e, tamén, se instalaron dúas fontes, unha a cada lado do escenario, puramente ornamentais. Wiera dirixiu o teatro ata 1903, cando a súa visión do teatro comezou a chocar coa dos intelectuais estonianos en auxe. Despois de que a sede da Sociedade de Vanemuine fose destruída por un incendio en 1903, o seu contrato non se renovou.

1906-1914: Teatre vocacional estoniano miniatura|O antigo teatro de Vanemuine a principios do século XX.|esquerda Ao precisar un novo teatro, a Sociedade Vanemuine encargou ao arquitecto finlandés Armas Lindgren o deseño da súa nova sala. Situado na rúa Aia (agora rúa Vanemuise), este teatro financiouse en gran parte con doazóns. O interior era moi ornamentado, coas esculturas de A. Weizenberg "Amencer" e "Crepúsculo" enriba das balaustradas da escaleira do vestíbulo. Os xardíns completáronse en 1907. Foi entón cando o teatro se profesionalizou. A cerimonia de inauguración foi dirixida por Mihkel Lüdig.

Con motivo da inauguración do edificio, August Kitzberg escribiu en Postimees: «A casa ten carácter propio; nos planos o arquitecto puxo algo, conseguiu dicir algo. Sentimos que nos tocan dentro de nós mesmos melodías que nos resultan dalgún xeito familiares, inmanentes, que concordan con nós mesmos. A casa, cos seus lados longos e poderosos, ten peso e dá a idea de algo duradeiro, estable, que non se esmaga facilmente, que non se dobra e que quere protexerse. Mentres que o artista lle deu á casa o poder e a influencia dun edificio monumental desde o lado da rúa, o lado do xardín do edificio é lixeiro, aberto e feliz, pola contra, exposto á beleza e ao sol»Postimees, 12 de augusto de 1906 (en estoniano)miniatura|Fachada do Teatro Vanemuine (postal de 1910).A actividade comezara antes de que se completasen as instalacións. O 13 de agosto de 1906, tres anos despois da destrución da Casa da Sociedade de Vanemuine, abriu as súas portas un novo teatro. Esta institución, un teatro vocacional, estaba baixo a dirección de Karl Menning. Graduado na Facultade de Teoloxía da Universidade de Tartu, tamén estudara dirección en Berlín e noutras partes de Europa Occidental, Menning escolleu a obra de Kitzberg Tuulte pöörises (No torbellino) para a función inaugural da compañía. Pronto se fixo evidente que o edificio non era axeitado para as representacións pois a falta de ascensores para o público facía que as actuacións fosen incómodas e a acústica era deficiente, do mesmo xeito que a iluminación.

Menning adoptou unha dirección diferente para a compañía, promovendo os obxectivos educativos do teatro. En lugar de operetas, que consideraba perigosas para o bo gusto dos actores e do público, Menning promoveu a creación da Orquestra Sinfónica de Vanemuine (1908). A actuación inaugural da orquestra, dirixida por Samuel Lindpere, tivo lugar o 7 de maio de 1908. No teatro, Menning puxo énfase no realismo psicolóxico, afastándose dos indicadores de Wiera en favor da materialización interna e externa do papel por parte dos actores. Todos os compoñentes da produción debían educar o público ética, estetica e moralmente. Neste sentido, Menning tamén organizou noites de representacións teatrais e participou el mesmo en varias actuaciónso. Cando os seus opoñentes esixiron un repertorio máis lixeiro e entretido, Menning negouse. En 1914, despois dunha reunión da xunta da Sociedade, anunciou a súa xubilación; máis tarde trasladouse a Talín.

1914-1944: Estancamento e renacemento esquerda|miniatura|Karl Menning.

Trala marcha de Menning, a dirección do Teatro Vanemuine pasou a un alumno de Menning, Ants Simm, que exerceu como director artístico e director de escena de 1914 a 1921. Con Simm, o repertorio de Vanemuine estaba dominado por operetas e comedias. En 1916, once dos vinte e un actores da compañía marcharan, incluídos varios que non estaban de acordo coa visión da compañía sobre o entretemento popular. Estes actores fundaron a compañía Pandorini, que hoxe é o Teatro Dramático Estoniano, en Talín. Por outr abanda, a orquestra, medrou rapidamente co director principal, Juhan Aavik; en 1915, por exemplo, ofreceu 95 actuacións, incluíndo varias no xardín.miniatura|August Gailit, director do teatro de Vanemuine entre 1932 e 1934.Cando marchou Simm, o Teatro Vanemuine pasou a estar dirixido por un comité de actores. Entre 1925 e 1931, Voldemar Mettus dirixiu a compañía e foi seguido por August Sunne ata 1934. Actores e actrices como August Sunne, Eduard Türk, Rudolf Ratassepp, Anna Markus e Mari Möldre representaron regularmente obras musicais. Non obstante, o público diminuíu e, a comezos da década de 1930, era común que se cubrisen menos dun terzo dos asentos. Aínda que o teatro recibía apoio estatal, as débedas aumentaron rapidamente. Isto levou a críticas da intelectualidade; por exemplo, un memorando de 1929 denunciou a "situación anormal" e ameazou coa creación dunha nova compañía.

En 1935, rematou o control sobre as decisións creativas da Sociedade Vanemuine. Otto Aloe converteuse no novo director do teatro, con Eino Uuli como director de ópera, Ida Urbel como directora de movemento e coreografía e Kaarli Aluoja como directora de escena, mentres que Juhan Simm e Eduard Tubin exerceron como directores. Aínda que se seguiron representando operetas, tamén se programaron obras de teatro e óperas serias e representouse a primeira ópera estoniana, Vikerlased d'Aava (O arco da vella de Aava) e, en 1939, a compañía de ballet de Vanemuine puxo en escena a súa primeira produción de danza independente de longa duración: The Carnival Suite, con música de Tchaikovsky. Durante este tempo, fixéronse esforzos para renovar o edificio e corrixir os seus defectos. A finais de 1939, completouse o novo teatro e sala de escena con capacidade para 500 persoas, realizáronse varias innovacións técnicas, así como un aumento da capacidade. Mentres tanto, a antiga sala foi reconstruída como sala de concertos.

Durante a ocupación alemá, o teatro permaneceu aberto baixo a dirección de Aleksander Eller. A asistencia ao teatro foi alta, cunha produción de Eduard Tubin, Kratt (1943) que causou moita sensacióna. Non obstante, en agosto de 1944, o teatro foi alcanzado por unha bomba e completamente destruído polo que se trasladou ao Teatro Alemán en Dorpat (que se converteu no Pequeno Vanemuine).

1944-1968: Vanemuine na Estonia soviética