José Grande Garrido, nado en Maceda o 25 de novembro de 1934 e finado en Vigo o 18 de outubro de 2017, foi un futbolista galego, máis coñecido como Mirlo. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria Chegou ao CD Ourense en 1955 procedente do Club Deportivo Maceda, cando adestraba o equipo Cuqui Bienzobas. Tras unha proba en Chamartín fichou en 1957 polo filial do Real Madrid, o Plus Ultra, e como parte do acordo o primeiro equipo xogou un partido no Estadio do Couto.
En 1958 fichou polo Real Valladolid, co que acadou o ascenso á Primeira División, categoría na que xogou tres anos. Co equipo castelán chegou ás semifinais da Copa do Xeneralísimo na tempada 1960-61. En decembro de 1962 fichou polo Atlético Baleares, e en 1964 regresou ao CD Ourense.
Traxectoria ClubAnosPartidos (goles)CD Maceda1954 - 1955CD Ourense1955 - 1957Plus Ultra1957 - 195816 (8)Real Valladolid1958 - 1963123 (26)Atlético Baleares1962 - 196320 (1)CD Ourense1964 - 19658 (0)
Palmarés Segunda división española de fútbol: 1958-59 (co Real Valladolid).
Notas
Categoría:Nados en Maceda Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Futbolistas da provincia de Ourense Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes