Eligio Formoso Fernández, nado en Riobodas (Paderne de Allariz), o 29 de agosto de 1914, e finado o 5 de decembro de 1941 en Gusen (Austria), foi un exiliado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria No exilio en Francia pertenceu a 86 Compañía de traballadores estranxeiros, formada no campo de Barcarés. Estivo destinado primeiro en Chamonix, na Alta Savoia, e desde decembro de 1939 en Bon Pommier, preto de Saint Clement, no Departamento dos Altos Alpes. O 16 de decembro de 1939, nun formulario, cualifícaselle como un 'bo traballador'. Aínda pasou por dúas localidades máis: Briançon e Epinal, no leste de Francia.

Foi detido polos alemáns neste departamento dos Vosgos. Xunto a el, na mesma CTE estaba Avelino Pérez, de Entrimo, co que compartiu o mesmo triste final.

Entrou no campo de Mauthausen, procedente do Stalag XII-D de Tréveris o 25 de xaneiro de 1941. O seu número era o 4640. Faleceu o 5 de decembro de 1941, no matadoiro de Gusen, a onde fora trasladado o 30 de xuño.

No rexistro da morte no campo resulta chamativo que se escriba que non ten relixión (ohne), cando a maioría dos españois son cualificados como católicos.

No aviso de deceso enviado polo Goberno de Francia en 1952, como enderezo familiar figura Angustias Delgado, Eiravedra, Ourense.

Vida persoal Fillo de solteira, súa nai foi María Josefa Formoso Fernández, na partida de nacemento rexístrouse como Eligio Formoso Incógnito. Casou segundo a acta de matrimonio o 2 de xaneiro de 1936 con María Angustia Delgado, de Eiravedra, do mesmo concello. Traballou como labrego.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B.

Categoría:Nados en Paderne de Allariz Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis