miniatura|Relación de preson que recibían paquetes da Cruz Vermella Francisco García Rodríguez, nado o 20 de setembro de 1913 en Larouco, e finado en Francia o 7 de febreiro de 1988, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

TRAXECTORIA Fillo de nai solteira de 19 anos ('fillo natural"), seu pai recoñeceuno no seu testamento, outorgado en 1932.

No exilio francés estivo integrado na Compañía de Traballadores Estranxeiros número 25 formada nos campos de Saint Cyprien e Barcarés o 30 de abril de 1939. Esta Compañía estivo destinada en Suippes, Moselle e na polvoreira de Rocamadour. Foi capturado polos alemáns en Épinal, nos Vosgos, o 19 de xuño de 1940.

Entrou en Mauthausen o 26 de abril de 1941, procedente do Stalag XI A Altengrabow, co número 4808. A profesión rexistrada é a de matalúrxico.

O 28 de xaneiro de 1944, o Xefe da Oficina do Servizo Exterior pídelle, á Comandancia de Mauthausen, a entrega dun paquete da Cruz Vermella española para Francisco. E noutro documento do arquivo de Mauthausen, do 21 de febreiro de 1944, Francisco figura na relación de presos que reciben paquetes.

No ano 1944 estivo internado en Gusen co número 95548. Foi liberado o 5 de maio de 1945. Faleceu en Francia o 7 de febreiro de 1988, estando inscrita a súa defunción no Consulado de España en París. miniatura|Ficha de Francisco García en Gusen

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies.

Categoría:Nados en Larouco Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en 1913 Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis