miniatura|Lignito O lignito é un carbón mineral que se forma por compresión da turba, converténdose nunha substancia esnaquizábel na que aínda se poden recoñecer algunhas estruturas vexetais. É de cor negra ou pardo e frecuentemente presenta unha textura similar á da madeira da que procede.
A súa concentración en carbono varía entre o 60% e o 75% e ten moito menor contido en auga que a turba.
É un combustible de mediana calidade, fácil de queimar polo seu alto contido en volátiles, pero cun poder calorífico relativamente baixo (entre 10 e 20 MJ/kg). Ten a característica de non producir coque cando se calcina en vasos pechados.
Composición Típica COMPOSICIÓN TÍPICACarbono 69 %Hidróxeno 5,2 %osíxeno 25 %Nitróxeno 0,8 %Materias volátiles 40 %
Xacementos En España os xacementos máis importantes localízanse en Andorra (Teruel), Mequinenza (Zaragoza) e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
Véxase tamén Outros artigos Carbón
Categoría:Carbón