O Vergalleiro é a máscara tradicional do Entroido do concello de Sarreaus.

Historia A figura do Vergalleiro ten raíces no Entroido tradicional da comarca, con referencias a máscaras semellantes xa documentadas entre os séculos XIX e mediados do século XX. Durante ese período existían en Sarreaus varios personaxes de Entroido, como o Matalobos, o Polainas e outras máscaras locais. Co paso do tempo, estas tradicións foron perdendo presenza debido á proximidade e influencia dos grandes Entroidos veciños, especialmente os de Xinzo, Verín e Laza.

A comezos dos anos 90 impulsouse a recuperación da máscara do Vergalleiro e do seu traxe tradicional, nun proceso de revitalización cultural que se consolidou nos anos seguintes.

O traxe O traxe do Vergalleiro é unha recreación inspirada na vestimenta tradicional, composto por:

Polainas negras con pompóns vermellos Faixa vermella con pequenas chocas Blusa branca de liño Calzóns brancos con cintas negras, vermellas e verdes Chaleco negro de feltro Máscara de pasta de papel

Un dos elementos máis característicos é o corno de vaca, co que o vergalleiro percorre as rúas durante a celebración, chamando á participación no Entroido.

Celebración O Domingo de Entroido os vergalleiros percorren as rúas do municipio. Durante a xornada realízase un desfile no que participan máscaras e veciñanza, seguido dunha comida popular na que é habitual o porco asado, o viño e outros produtos tradicionais. A festa reúne habitualmente numeroso público, tanto da comarca como de visitantes, consolidándose como unha das celebracións destacadas do Entroido ourensán.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Entroido de Galicia Pantallas de Xinzo de Limia Peliqueiro Cigarrón

Categoría:Sarreaus Categoría:Personaxes do Entroido galego