A expedición viquinga de 844 foi un ataque dos viquingos na Península Ibérica. É considerada como a primeira incursión dos viquingos en Galicia, tal como aparece reflectida nos Annales Bertiniani, e data do 1 de agosto. Case todos os relatos contemporáneos sobre viquingos, sinalan que estes eran un pobo descoñecido na Península Ibérica ata o ano 844. Durante a expedición, os viquingos recoñeceron Xixón, atacaron A Coruña,Prado, Fernando. «Vikingos en España y su expansión» Consultado o 18 de marzo de 2013. Lisboa e Cádiz e remontaron o río Guadalquivir, atacando Medina Sidonia, Sevilla e Córdoba.Riosalido, Jesús. «Los vikingos en al-Andalus». Al-Andalus Magreb: Estudios árabes e islámicos, 5 (1997) 335-344 Consultado o 20 de marzo de 2013. Abderramán II preparou un continxente para enfrontarlos, capitaneado por Musa ibn Musa al-Qasawi que os derrotou case totalmente.

Os viquingos perderon moitas naves e a frota retirouse a Aquitania.

Contexto miniatura|esquerda|200px|Barco viquingo (drakar) no Museo naval de Oslo. Grandes frotas de barcos coma este asolaron as costas do Reino de Galicia durante a Idade Media. Procedentes de Escandinavia —en especial dende Noruega, Suecia e Dinamarca—, viquingos e normandos devastaron e invadiron durante séculos as costas europeas, preferentemente as atlánticas —como as galegas—, chegando tamén ó Mediterráneo oriental. Tradicionalmente considéranse catro os períodos de incursións ou vagadas escandinavas que afectaron ao Reino de Galicia durante a Idade Media; a primeira, arredor do ano 844, a segunda (858-861), a terceira (966-971) e a cuarta —e derradeira— (1008-1038).

Expedición En 844, un grupo de viquingos procedente dunha expedición que viña de saquear varios enclaves na costa francesa no ano 843, e logo de pasar o inverno na illa de Noirmoutier, internouse polo Garona, chegou ata Galicia empurrado por unha tempestade e foi ao cabo rexeitado nos arredores do Farum Brecantium, é dicir, da Torre de Hércules (chamada por eles Fár), despois de saquear algunhas aldeas da costa e o mosteiro de San Martiño de Xuvia. Reinaba daquela Ramiro I. O rei Ramiro marchou contra eles cun exército potente, logrou derrotar os invasores cunha matanza prodixiosa, tomou a moitos deles como prisioneiros e queimou a maior parte da súa frota.

Trala derrota os viquingos seguiron a súa singradura rumbo Lisboa, que saquearon durante 13 díasGonzález López, Emilio Grandeza e decadencia do reino de Galicia, p. 150 entre agosto e setembro, até que un exército musulmán se achegou para combatelos. Desprazáronse cara ao Algarve e o golfo de Cádiz. Remontaron coas súas naves o río Guadalquivir e o 25 de setembro derrotaron os cordobeses na batalla de Cabtal, saqueando os arredores de Sevilla mentres os cidadáns non presentaban batalla e fuxían a Carmona. Os viquingos estabeleceron un fortín en Tablada, de onde se retiraron o 28 de setembro cando chegaron 15 naves cordobesas.

Abderramán II preparou un continxente para enfrontarse cos viquingos que conquistaran e saquearan Sevilla un mes antes, coa tropa de Sevilla, voluntarios das marcas, e o exército das marcas capitaneado por Musa ibn Musa al-Qasi. Os viquingos dividíronse en catro grupos: un, dunhas duascentas persoas, que atacou Morón; un segundo, que atacou Benilaiz; un terceiro, que atacou Fuente de Cantos; e un cuarto, que o fixo con Córdoba. O groso do exército cordobés, duns 16.000 homes, destruíu o primeiro grupo (batalla de Morón), e atacou o campamento de Tablada, co que os invasores sufriron mil baixas, mentres outros catrocentos foron feitos prisioneiros e executados, e unhas trinta naves foron destruídas, sendo os reféns retidos por eles liberados. Porén, un grupo, ao ver a cabalaría inimiga puido fuxir entre Morón e Carmona, embarcando nas naves e finalmente negociando liberar os prisioneiros que lles quedaban e devolver o botín en troques de comida e roupas e unha retirada polo río até a costa, onde permanecía parte da expedición. Continuaron a súa viaxe polo Mediterráneo, atacando territorio bizantino até chegar a Alexandría nunha viaxe de catorce anos. Co tempo, o reducido número de superviventes aprisionados en Andalucía converteuse ao islam instalándose como granxeiros na zona de Coria del Río, Carmona e Morón.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Batalla de Fornelos

Categoría:Historia militar en Galicia en 844 Categoría:Era viquinga no Reino de Galicia Categoría:844 Categoría:Batallas en Galicia Categoría:Batallas do Reino de Galicia Categoría:Batallas do Emirato de Córdoba Categoría:Batallas dos viquingos