Osmussaar (en , en ) é unha illa estoniana situada na desembocadura do golfo de Finlandia, no mar Báltico, a 7,5 km da terra firme estoniana. Administrativamente, a illa forma parte do concello de Lääne-Nigula, no condado de Lääne. A súa superficie é de 4,69 km².

Antes de que a Unión Soviética ocupase Estonia durante a segunda guerra mundial, na illa vivían unhas 130 persoas, principalmente suecos de Estonia. O asentamento continuado de suecos en Osmussaar remontábase a séculos atrás. Actualmente, Osmussaar só ten dous habitantes permanentes e toda a illa é unha reserva natural. Administrativamente, Osmussaar pertence á vila de Osmussaare.

Etimoloxía O nome sueco da illa, Odensholm (ou Odinsholm), deriva do deus principal dos viquingos, Odín, quen, segundo unha lenda, está soterrado na illa. A orixe do nome estoniano Osmussaar non está claro.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Illas de Estonia