Wulingyuan (en chinés: 武陵源) é un sitio histórico e pintoresco no Distrito de Wulingyuan da provincia de Hunan da China Central Sur. Destaca polos seus máis de 3.000 piares e picos de cuarcita e arenita que percorren a maior parte do sitio, moitos deles de máis de 200 m de altura, xunto con moitos barrancos e gargantas con pintorescos regatos, pozas, lagos, ríos e fervenzas. Conta con 40 covas, moitas delas con grandes depósitos de calcita, e unha ponte natural chamada Tianqiashengkong (que significa "ponte sobre o ceo"), que é unha das pontes naturais máis altas do mundo. O sitio tamén proporciona hábitat para moitas especies vulnerables, incluíndo o dhole, o oso tibetano e o cervo acuático chinés.
O sitio está situado na cidade de Zhangjiajie e atópase a uns 270 km ao noroeste de Changsha, a capital da provincia de Hunan. O parque abrangue unha área de 690 quilómetros cadrados. Wulingyuan forma parte das Cordilleira de Wuling. A área paisaxística consta de catro parques nacionais, que son o Parque Forestal Nacional de Zhangjiajie, a Reserva Natural do Val de Suoxi, a Reserva Natural do Monte Tianzi e a recentemente engadida Área Paisaxística de Yangjiajie. En total, hai máis de 560 atraccións para ver. O sitio inscribíuse como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1992.
Xeoloxía Os piares de arenito de cuarcita e as rexións circundantes formáronse durante o período Devónico (hai 400 a 350 millóns de anos) a partir dunha combinación de levantamento tectónico e erosión hídrica. A zona máis alta do parque é Huang Shi Zhai (). Alcanza unha altura de 1050 m e é accesible mediante teleférico ou por unhas escaleiras. Pódese acceder a outro cantil mediante de 326 m mediante o Ascensor Bailong.
Galería
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade na China
Ligazóns externas China’s Ancient Skyline
Categoría:Patrimonio da Humanidade na China