Para outros artigos de persoas chamadas Joaquín Patiño, véxase a páxina de homónimos Joaquín Patiño (homónimos)
Joaquín María Patiño, nado na Pobra do Caramiñal o 18 de xullo de 1775 e finado en Madrid o 13 de agosto de 1848, foi un bibliotecario, profesor e político galego, bibliotecario maior da USC e da Biblioteca Real.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Joaquín José María Francisco de Sales María Patiño naceu na Pobra do Caramiñal o 18 de xullo de 1775, fillo de María Tomasa Patiño García Junco de Relova e de Pedro Antonio González de Mendoza y Patiño.Abad, J. M. "Joaquín María Patiño". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (RAH.es).
Cursou estudos superiores de Filosofía e Teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde acadou o seu doutoramento.Ovilo y Otero, M. (1863).
Carreira profesional Nesta universidade accedeu por oposición o acceso á cátedra de Filosofía en 1802, posto que desempeñou desde ese ano ata 1812, e tamén opositou con éxito a unha bolsa no Colexio Maior de Pasantes de San Clemente, da mesma universidade, onde exerceu como reitor en varias ocasións.
En 1812 foi nomeado bibliotecario maior da universidade compostelá e en 1834 trasladouse a Madrid, onde tomou posesión do posto de bibliotecario maior da Biblioteca Real, que mantivo ata 1840,"Histórico de directores de la BNE ". Biblioteca Nacional de España (BNE.es).García Ejarque, L. (1997). La Real Biblioteca de S.M. y su personal (1712-1836). Tabapress, Madrid. Páxinas 359-385, 527-537. ISBN 9788479521875 cando foi destituído polos progresistas da Xunta Gobernativa da Provincia de Madrid.García Morales, J. (1966). “Los empleados de la Biblioteca Real (1712-1836)”. En Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos. 73. 1. Páxinas 61-62. Finalmente, o 30 de decembro de 1843 concedéuselle a xubilación como bibliotecario maior cesante, e o 6 de xaneiro de 1844 foi condecorado coa Cruz Supernumeraria da Orde de Carlos III.
Paralelamente ao seu labor profesional, Patiño ocupou tamén un escano de diputado nas Cortes extraordinarias de 1822, e en 1838 foi elixido como senador pola provincia de Pontevedra.
Joaquín María Patiño finou o 13 de agosto de 1848 en Madrid, aos 73 anos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ovilo y Otero, M. (1863). "Patiño (Dr. D. José María)". En Castellanos de Losada, B. S. (ed). Biografía eclesiástica completa: vida de los personajes del Antiguo y Nuevo Testamento, de todos los santos que venera la Iglesia, papas y eclesiásticos célebres por su virtudes y talentos en órden alfabético. XVI. A. G. Fuentenebro, Madrid. Páxina 940.
Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1775 Categoría:Finados en 1848 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Bibliotecarios Categoría:Biblioteca Nacional de España Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Trienio Liberal Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes