Nikola Maraš, nado en Belgrado o 19 de decembro de 1995, é un futbolista serbio que xoga de defensa central no Mirandés, da Segunda División, cedido polo Alavés.
Traxectoria Formado nas canteiras do Partizan e o Rad, debutou co primeiro equipo deste último o 26 de maio de 2013, substituíndo a Uroš Vitas na segunda parte dunha vitoria por 3-1 na casa contra o Radnički Niš. Marcou o seu primeiro gol o 16 de agosto de 2014, nunha vitoria por 2-1 sobre o Borac Čačak. Ao longo da Superliga serbia 2014/15 consolidouse como titular na defensa do equipo, e posteriormente foi nomeado capitán, sendo indiscutible nas dúas tempadas seguintes (2015/16 e 2016/17). O 31 de agosto de 2017 foi traspasado oficialmente ao Chaves portugués.
Na tempada 2019/20 xogou cedido no Almería, polo que fichou definitivamente para a tempada seguinte.
Na campaña 2021/22 xogou cedido no Rayo Vallecano, da Primeira División, mentres que na seguinte fíxoo no Alavés, en Segunda. Tralo ascenso do club vasco, asinou con este un contrato de catro anos. Nos seguintes anos foi cedido sucesivamente a Levante, Sporting de Gijón e Mirandés.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Futbolistas de Serbia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do GD Chaves Categoría:Xogadores do FK Rad Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Serbia