A National Vulnerability Database (ou NVD, "Base de Datos Nacional de Vulnerabilidades") é o repositorio do goberno dos Estados Unidos de datos de xestión de vulnerabilidades baseados en estándares representados mediante o Protocolo de Automatización de Contido de Seguridade (ou SCAP). Estes datos permiten a automatización da xestión de vulnerabilidades, a medición da seguridade e o cumprimento das normas. O repositorio NVD inclúe bases de datos de listas de verificación de seguridade, fallos de software relacionados coa seguridade, configuracións incorrectas, nomes de produtos e métricas de impacto. O NVD apoia o Information Security Automation Program (ou ISAP, "Programa de automatización da seguridade da información"). O NVD está xestionado pola axencia gobernamental dos Estados Unidos, o Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST).
O venres 8 de marzo de 2013, a base de datos foi desconectada despois de descubrirse que o sistema empregado para executar varios sitios web gobernamentais fora comprometido por unha vulnerabilidade de software de Adobe ColdFusion.
As vulnerabilidades do NVD proceden da lista Common Vulnerabilities and Exposures (CVE), mantida por MITRE. As novas vulnerabilidades son asignadas polas autoridades de numeración de MITRE e CVE e, posteriormente, engadidas ao NVD.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Common Vulnerabilities and Exposures
Ligazóns externas
Categoría:Seguridade informática Categoría:Ciencia e tecnoloxía dos Estados Unidos de América