Laureano Martínez Sevilla, nado na Coruña en 1889 e finado na mesma cidade o 16 de abril de 1961, foi un corredor de comercio e habilitado de clases pasivas galego.

Traxectoria Naceu na Coruña en 1889, sendo fillo do que sería futuro alcalde Laureano Martínez Brañas. Remeiro da Sala Calvet, en 1906 foi un dos 19 fundadores do Club Náutico da Sala Calvet e ao ano seguinte participou na fundación do Deportivo, club que presidiría seu pai pouco despois e no que xogarían seus irmáns Francisco e Carpio. Traballou como corredor de comercio (chegando a presidir a Xunta Sindical do Colexio de Corredores de Comercio) e habilitado de clases pasivas.

Vida persoal Casou con Antonia Pérez Torreiro e foi pai de Laureano, José Luis, Jorge, Juan Antonio, María Victoria, María de los Angeles e Antonia Martínez Pérez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1961