300px|miniatura|Radiografía dos molares inferiores dereitos (de esquerda a dereita) terceiro, segundo e primeiro en diferentes estados de desenvolvemento. miniatura|Radiografía dos dentes dun rapaz de 5 anos que mostra o molar primario inferior esquerdo, e as coroas en desenvolvemento do premolar inferior esquerdo permanente (baixo o molar primario) e os molares permanentes. O desenvolvemento dos dentes humanos ou odontoxénese humana é o proceso complexo polo cal os dentes se forman a partir de células embrionarias, proliferan e fan erupción na boca humana. Para que os dentes humanos teñan un ambiente oral san, todas as partes do dente deben desenvolverse durante os estadios apropiados do desenvolvemento fetal. Os dentes de leite empezan a formarse entre a sexta e a oitava semana do desenvolvemento prenatal, e os dentes permanentes empezan a formarse na 20ª semana.Ten Cate's Oral Histology, Nanci, Elsevier, 2013, pages 70-94 Se os dentes non empezan a desenvolverse nese momento ou aproximadamente nese momento, xa non se desenvolverán en absoluto, orixinándose hipodontia ou anodontia.
Unha cantidade significativa de estudos enfocáronse en determinar os procesos polos que se inicia o desenvolvemento dos dentes. Acéptase amplamente que hai un factor nos tecidos do primeiro arco farínxeo que é necesario para o desenvolvemento dos dentes.
Introdución 200px|miniatura|Preparación histolóxica que mostra o xerme dun dente. A: órgano do esmalte B: papila dental C: folículo dental. O xerme dental é unha agrupación de células que finalmente formará un dente completo.University of Texas Medical Branch. Estas células derivan do ectoderma do primeiro arco farínxeo e do ectomesénquima da crista neural. O xerme dental está organizado en tres partes: o órgano do esmalte, a papila dental e o folículo ou saco dental.
O órgano do esmalte está composto polo epitelio do esmalte externo, o epitelio do esmalte interno, o retículo estelado e o estrato intermedio. Estas células dan lugar aos ameloblastos, os cales producen o esmalte dental e despois da maduración do esmalte pasan a formar parte do epitelio do esmalte reducido. O lugar onde se unen os epitelios do esmalte externo e interno chámase bucle cervical. O crecemento das células do bucle cervical nos tecidos máis profundos forma a vaíña da raíz epitelial de Hertwig, a cal determina a forma da raíz do dente. Durante o desenvolvemento do dente hai grandes semellanzas entre a queratinización e a ameloxénese. A queratina tamén está presente nas células epiteliais do xerme dental e unha delgada capa de queratina encóntrase nun dente acabado de emerxer (membrana de Nasmyth ou cutícula do esmalte).
A papila dental contén células que se desenvolven en odontoblastos, que son células formadoras de dentina. Ademais, a unión entre a papila dental e o epitelio do esmalte interno determina a forma da coroa do dente. As células mesenquimais da papila dental son as encargadas da formación da polpa dental.
O folículo ou saco dental dá lugar a tres importantes células: cementoblastos, osteoblastos e fibroblastos. Os cementoblastos forman o cemento do dente. Os osteoblastos dan lugar ao óso alveolar que se forma arredor da raíz dos dentes. Os fibroblastos están implicados no desenvolvemento do ligamento periodontal que conecta os dentes co óso alveolar a través do cemento.
O factor NGF-R está presente nas células ectomesenquimais condensantes da papila dental no xerme dental no estadio de caparuza inicial e exerce moitas funcións durante os eventos morfoxenéticos e de citodiferenciación do dente. Hai unha relación entre a axénese dental e a ausencia do nervio trixémino periférico (ver hipodontia).
Todos os estadios (xerme, caparuza, campá, coroa), o crecemento e a morfoxénese dos dentes están regulados por unha proteína chamada sonic hedgehog.
Varios sinais xenéticos con resultados fenotípicos modulan o tamaño dos dentes.
Para a erupción dun dente cómpre a hormona paratiroide.
Liña de tempo do desenvolvemento dos dentes humanos As seguintes táboas presentan a liña de tempo do desenvolvemento dos dentes humanos. O tempo da calcificación inicial dos dentes primarios dáse en semanas in utero. Abreviacións: I.U. = in utero.
Dentes maxilares (superiores) Dentes primarios Incisivocentral Incisivolateral Canino Primeiromolar Segundomolar Calcificación inicial 14 semanas I.U. 16 semanas I.U. 17 semanas I.U. 15,5 semanas I.U. 19 semanas I.U. Coroa completada 1,5 meses 2,5 meses 9 meses 6 meses 11 meses Raíz completada 1,5 anos 2 anos 3,25 anos 2,5 anos 3 anos Dentes mandibulares (inferiores) Calcificación inicial 14 semanas I.U. 16 semanas I.U. 17 semanas I.U. 15,5 semanas I.U. 18 semanas I.U. Coroa completada 2,5 meses 3 meses 9 meses 5,5 meses 10 meses Raíz completada 1,5 anos 1,5 anos 3,25 anos 2,5 anos 3 anos
Dentes maxilares (superiores) Dentes permanentes Incisivocentral Incisivolateral Canino Primeiropremolar Segundopremolar Primeiromolar Segundomolar Terceiromolar Calcificación inicial 3–4meses 10–12meses 4–5meses 1,5–1,75anos 2–2,25anos ao nacer 2,5–3anos 7–9anos Coroa completada 4–5anos 4–5anos 6–7anos 5–6anos 6–7anos 2.5–3anos 7–8anos 12–16anos Raíces completadas 10anos 11anos 13–15anos 12–13anos 12–14anos 9–10anos 14–16anos 18–25anos Dentes mandibulares (inferiores) Calcificación inicial 3–4meses 3–4meses 4–5meses 1,5–2anos 2,25–2,5anos ao nacer 2,5–3anos 8–10anos Coroa completada 4–5anos 4–5anos 6–7anos 5–6anos 6–7anos 2.5–3anos 7–8anos 12–16anos Raíces completadas 9 anos 10 anos 12–14anos 12–13anos 13–14anos 9–10anos 14–15anos 18–25anos
Estadios miniatura|Histoloxía de importantes estadios do desenvolvemento dos dentes. miniatura|Animación dos principais estadios no desenvolvemento inicial dos dentes. O desenvolvemento dos dentes adoita dividirse nos seguintes estadios ou fases: estadio de iniciación, estadio de xerme, estadio de caparuza, estadio de campá e finalmente a maduración (ou estadio de coroa). A clasificación en estadios do desenvolvemento dos dentes é un intento de categorizar os cambios que teñen lugar ao longo dun proceso continuo; frecuentemente é difícil decidir a que estadio se debe asignar un determinado dente en desenvolvemento. Esta determinación complícase aínda máis pola variación do aspecto dos diferentes cortes histolóxicos dun mesmo dente en desenvolvemento, as cales poden parecer que están en distintos estadios.
Estadio de iniciación Un dos primeiros signos da formación dun dente que se pode ver microscopicamente é a distinción entre a lámina vestibular e a lámina dental. Ocorre na sexta ou sétima semana de vida embrionaria. A lámina dental conecta o xerme do dente en desenvolvemento coa capa epitelial da boca durante un tempo significativo.University of Southern California School of Dentistry, The Bell Stage: Image 26 found here . Isto considérase o estadio de iniciación.
Estadio de xerme O estadio de xerme (bud) caracterízase pola aparición do xerme dun dente sen unha disposición clara das células. Este estadio tecnicamente empeza unha vez que as células epiteliais proliferan no ectomesénquima da mandíbula. Normalmente, isto ocore cando o feto ten arredor de 8 semanas. O propio xerme do dente é o grupo de células na periferia da lámina dental.
Xunto coa formación da lámina dental, desenvólvense dez estruturas epiteliais arredondadas, cada unha denominada xerme, no aspecto distal da lámina dental de cada arco. Estas corresponden aos dez dentes primarios de cada arco dental, e son o estadio de xerme do desenvolvemento dental. Cada xerme está separado do ectomesénquima por unha membrana basal. As células ectomesenquimais congréganse profundamente no xerme, formando un grupo de células, o cal é a iniciación da condensación do ectomesénquima. As restantes células ectomesenquimais están dispostas de xeito máis ou menos anarquicamente uniforme.
Estadio de caparuza 150px|miniatura|Preparación histolóxica dun dente en estadio de caparuza. Os primeiros signos dunha organización das células no xerme do dente ocorren no estadio de caparuza (cap). Un pequeno grupo de células ectomesenquimais deixa de producir substancias extracelulares, o que resulta na agregación destas células chamada papila dental. Nese momento, o dente crece arredor da agregación ectomesenquimal, tomando a aparencia dunha caparuza, e convértese no órgano do esmalte (ou dental) que cobre a papila dental. Unha condensación de células ectomesenquimais chamada saco ou folículo dental rodea o órgano do esmalte e limita a papila dental. Finalmente, o órgano do esmalte produce esmalte, a papila dental produce dentina e polpa, e o saco dental produce todas as estruturas que soportan o dente, o periodontio. esquerda|200px|miniatura|Preparación histolóxica dun dente no comezo do estadio de campá. Repárese na organización das células.
Estadio de campá No estadio de campá prodúcese unha histodiferenciación e unha morfodiferenciación. O órgano dental ten forma acampanada durante este estadio e a maioría das súas células denomínanse retículo estrelado debido a súa aparencia estrelada. O estadio de campá divídese en inicial e tardío ou avanzado. As células na perifieria do órgano do esmalte sepáranse en catro importantes capas. As células cuboidais da periferia do órgano dental coñécense como epitelio do esmalte externo (EEE). As células columnares do órgano do esmalte adxacentes á papila do esmalte coñécense como epitelio do esmalte interno (EEI). As células entre o EEI e o reticulo estrelado forman a capa chamada estrato intermedio. O bordo do órgano do esmalte onde se unen os epitelios do esmalte externo e interno chámase curva cervical.University of Southern California School of Dentistry, The Bell Stage: Image 30 found here .
En resumo, as capas da mais interna á máis externa consisten en dentina, esmalte (formado polo EEI, ou ameloblastos, xa que se moven cara a fóra e arriba), o epitelio do esmalte interno e o estrato intermedio (células estratificadas que apoian a actividade sintética do EEI). O que segue forma parte do órgano do esmalte, o centro do cal está feito de células do retículo estrelado que serve para protexer o órgano do esmalte. Todo isto está encapsulado na capa do EEE.
Durante o estadio de campá ocorren outros eventos. A lámina dental desintégrase, deixando o dente en desenvolvemento completamente separado do epitelio da cavidade oral; e ambos non se unirán de novo ata o final da erupción do dente na boca. 200px|miniatura|Preparación histolóxica dun dente no estadio de campá tardío. Notese a desintegración da lámina dental arriba.
A coroa do dente, que está influenciada pola forma do epitelio do esmalte interno, tamén adopta a súa forma durante este estadio. Na boca, todos os dentes sofren mesmo proceso; non se sabe seguro aínda como se forman os varios tipos de coroa; por exemplo, coroa de incisivos en vez de caninos. Hai dúas hipóteses dominantes. O "modelo de campos" propón que hai compoñentes para cada tipo de dente que se encontran no ectomesénquima durante o desenvolvemento do dente. Os compoñentes dun determinado tipo de dente, como pode ser un incisivo, están localizados nunha área e difunden rapidamente a distintas partes da boca. Dese xeito, por exemplo, o "campo do incisivo" ten factores que desenvolven dentes con forma de incisivo, e este campo está concentrado na área do incisivo central, pero diminúe rapidamente na área do canino.Townsend G, Harris EF, Lesot H, Clauss F, Brook A. Morphogenetic fields within the human dentition: a new, clinically relevant synthesis of an old concept. Arch Oral Biol. Decembro de 2009;54 Suppl 1(Suppl 1):S34-44. doi: 10.1016/j.archoralbio.2008.06.011. Epub 29 de agosto de 2008. PMID: 18760768; PMCID: PMC2981872.