Pedro Martínez Urioste, nado na Coruña na segunda metade do século XIX e finado na mesma cidade o 24 de abril de 1916, foi un futbolista galego.

Traxectoria Era fillo do industrial José Martínez Álvarez e Josefa Urioste Morodo. Remeiro da Sala Calvet, en 1906 foi un dos 19 fundadores do Club Náutico da Sala Calvet, xunto ao seu irmán José, e ao ano seguinte ambos participaron na fundación do Deportivo. Foi un dos once xogadores que disputaron o primeiro partido da historia do club fronte ao Corunna, na posición de dianteiro. Militou no club ata 1909. Fóra do fútbol traballou como empregado do comerciante coruñés Ángel S. Ferrer.

Faleceu o 24 de abril de 1916.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados no século XIX Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Finados en 1916 Categoría:Nados en ano descoñecido