O Movemento Indíxena Pachakuti (MIP) (en ) foi un partido político indixenista boliviano fundado na cidade da Paz o 1 de novembro do ano 2000 polo dirixente campesiño Felipe Quispe Huanca. O partido disolveuse o 18 de decembro de 2005.

Traxectoria O partido tiña ideoloxía socialista revolucionaria, comunista, marxista-leninistas, comunitarista guevarista, antiimperialista, etnonacionalistaEl Sueño del Imperio Aymara. Indixenismo, kataristahttp://www.scielo.org.mx/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0188-77422012000100009 e indianista.https://www.apcbolivia.org/marxismo-e-indianismo/ Nas eleccións lexislativas de 2002 o partido gañou o 2,2% dos votos populares, obtendo 6 dos 130 escanos na Cámara de Deputados de Bolivia, pero non obtivo ningún escano na Cámara de Senadores de Bolivia.

Nas eleccións xerais de 2002, o seu candidato Felipe Quispe, participou obtendo o 6,09 % da votación (169 239 votos) saíndo en quinto lugar.

O partido participou tamén nas eleccións xerais de 2005 con Felipe Quispe e Sabina Choqueticlla como candidatos para a dupla presidencial, pero ao igual que na anterior elección presidencial, Quispe obtivo o quinto lugar co 2,16% da votación (61 948 votos). Nestas eleccións, o partido non puido conseguir ningún escano, ademais de perder a súa personería xurídica ao non poder conseguir a porcentaxe mínima do 3% da votación nacional, requirida pola lei electoral.

Notas

Categoría:Partidos políticos de Bolivia