Rallus eivissensis é unha especie fósil rcentemente descuberta de rálido, descrita para o período que vai desde o Plistoceno tardío ao Holoceno temperán atopada nun depósito nunha cova de Es Pouàs na illa de Eivisa (Illas Baleares), polo que se lle adoita chamar zurrasca de Eivisa. É un parente da actualmente existente zurrasca eurasiática (Rallus aquaticus) e puido derivar dela, pero era un pouco máis pequena e repoluda, tiña patas máis curtas e robustas e ás máis curtas, probablemente cunha limitada capacidade para voar. Pode que vivese tamén na veciña illa de Formentera, onde son se examinaron aínda posibles localizacións.McMinn, M., Palmer, M. & Alcover, Josep Antoni (2005): A new species of rail (Aves: Rallidae) from the Upper Pleistocene and Holocene of Ibiza (Pityusic Islands, western Mediterranean). Ibis 147(4): 706–716. (resumo HTML)Alcover, Josep Antoni (2001): Nous avenços en el coneixement dels ocells fòssils de les Balears. Anuari Ornitològic de les Balears 16: 3-13. [en catalán con resumo en inglés] PDF co texto completo

A extinción desta especie tivo que ser posterior a hai 16.700 anos, probablemente entre hai 5300 e 4350 anos. Estas últimas datas solápanse aproximadamente co período da posible chegada dos seres humanos á illa, o que suxire unha relación entre os dous eventos. Esta especie é un tanto pouco común dado que a maioría da zurrascas insulares extinguidas carecían completamente da capacidade de voar, mentres que a de Eivisa podía aínda voar se tiña necesidade. Porén, aseméllase nisto a moitas especies vivas de rálidos endémicos doutras illas continentais de diversas partes do mundo, mentres que a maioría das formas non voadoras eran de illas oceánicas.

Non obstnte, ao non ter na illa ningún predador terrestre antes da chegada dos humanos, é probable que esta especie acabaría evolucionando perdendo a capacidade de voar e probablemente a ter un tamaño bastante pequeno, como é a tendencia nas especies de rálidos que evolucionaron en illas pequenas sen prdadores terrestres. A paleoecoloxía das illas Pitiusas (Ibiza e Formentera) é peculiar porque nelas case non había mamíferos e a cadea trófica en tempos prehistóricos debía ser máis similar á de illas do arquipélago das Hawai como Moloka‘i que a Mallorca nas propias Baleares. Seguí, B. & Alcover, Josep Antoni (1999): Comparison of Paleontological Patterns in Insular Bird Faunas: A Case Study from the Western Mediterranean and Hawaii. Smithsonian Contributions to Paleobiology 89: 67–73. PDF co texto completo (tamaño 128 MB!)

Aínda que as illas pode que proporcionasen máis hábitats de auga doce debido a que no pasado había unha mellor cobertura arbórea, o hábitat destaa especie eran probablemente pantanos salobres das zonas baixas costeiras. A extinción probablemente se debeu a un exceso de caza das poboacións humanas en expansión. A maioría dos outros rálidos de illas non podían escapar debido a ser non voadoras, mais esta especie é mais probable que fose vítima do seu pequeno tamaño de poboación: Eivisa non é grande, e os hábitats dispoñibles estaban densamente poboados por varias especies de aves, o cal deixaría poucos recursos para soster a unha gran poboación de ningunha especie en particular.

Notas

Categoría:Rálidos Categoría:Animais descritos en 2005