As leis físicas, leis da física ou leis naturais son un enunciado dunha verdade científica, así comprendida no ámbito dun paradigma científico. Forzosamente, tal declaración debe ser un recoñecemento e a expresión, a través do método científico, dun coñecemento "suxerido" por sucesos ou ocorrencias sistémicas da mesma natureza, interligadas, ben regulares e abranguentes dentro do ámbito en cuestión, sendo a súa definición indisociábel do concepto de teoría científica e da observación de feitos asociados.
Resáltase que as leis científicas están integradas nas teorías, pero non as definen, sendo estas últimas establecidas por un concepto máis completo. Polo tanto, o uso de lei e teoría como sinónimos é incorrecto. Norman Swartz, The Concept of Physical Law (Nova York: Cambridge University Press), 1985. 2ª edición online.
Unha lei, por definición, ten certas características de xeneralidade e completude, abranxencia e exhaustividade, e como tal xeralmente ten un aspecto práctico. Ademais da súa condición de "lei", como calquera outra hipótese, debe ser e necesariamente é falseábel, no sentido de que pode ser refutada, tanto loxicamente como experimentalmente, aínda que, como indica a súa propia condición, espérase que isto sexa moi improbábel ou mesmo, en última instancia, imposíbel. Se non, podería clasificarse como dogma, algo inherente ás crenzas, pero non á ciencia.
É común, aínda que non necesariamente obrigatorio, que unha lei natural se exprese en termos matemáticos. Cando isto ocorre é expresada como fórmula, o que implica unha relación entre dúas ou máis magnitudes físicas relevantes para a descrición dos fenómenos aos que se refire.
Notas
Véxase tamén
Lei Filosofía da ciencia
Categoría:Filosofía da ciencia