Nuuk Posse é un grupo de hip hop de Groenlandia. A banda, cuxos membros son inuit, formouse en 1985 con outro nome, e adoptou definitivamente o de Nuuk Posse en 1991. Nuuk Posse é multilingüe e rapea en kalaallisut, inglés e dinamarqués.

Os membros do grupo inclúen Andreas Hojgaard (beatboxing), Lars Sørensen (rap), Peter Motzfeldt (rap, música), Henrik Pedersen (rap), Thomas Hansen (rap) e John Olsen (rap, letras). Lanzaron o seu primeiro sinxelo, Sussa Appinnagu, en 1992. O seu primeiro álbum, NP, foi publicado en 1995. En 1996 lanzaron o álbum Kaataq a través do selo belga Sub Rosa.

Nuuk Posse xirou por varios países, incluídos Suecia, Alemaña, España, Bélxica e Canadá, pero nunca por Dinamarca. O grupo recibiu o premio cultural de Groenlandia en 1995 e foron nomeados como "Mensaxeiros da Verdade" pola ONU en 2004.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Recensión sobre Nuuk Posse en Milky Cat, .

Categoría:Grupos musicais de hip hop Categoría:Grupos musicais de Groenlandia