O dereito ao esquecemento (en inglés, right to be forgotten) é unha lei sancionada pola Unión Europea o 13 de maio de 2014. As ligazóns a información "irrelevante" ou "desactualizada" (segundo o tribunal) poden ser eliminadas. Máis concretamente, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) determinou que a decisión se aplica á información que sexa "inadecuada, irrelevante, xa non pertinente ou excesiva en relación coa finalidade para a que foi tratada, tendo en conta o tempo transcorrido". O xigante tecnolóxico Google estaba obrigado a proporcionar este servizo aos cidadáns da Unión Europea se llo solicitaban. Varias destas ligazóns inclúen artigos da Wikipedia, da BBC e de The Guardian.
Historia O dereito ao esquecemento é un novo dereito introducido polo proxecto de Regulamento xeral de protección de datos de 2012, que foi amplamente debatido. Os críticos non están de acordo coa necesidade dunha lei deste tipo e argumentan que representa un revés importante para a liberdade de expresión. Viviane Reding, excomisaria e exvicepresidenta da Comisión Europea, describe esta lei como unha modesta expansión da lexislación de privacidade vixente. Coa sentenza do 13 de maio de 2014 no asunto C-131/12, confirmouse esta opinión; e mediante a Directiva 95/46/CEE, estableceuse o dereito ao esquecemento en Internet.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externa
Categoría:Dereitos humanos Categoría:Unión Europea Categoría:Liberdade de expresión