Así chegou a noite é un filme galego de 2025 dirixido por Ángel Santos, quen escribiu o guión xunto a Pablo García Canga. Está protagonizado por Violeta Gil, Denis Gómez e Miquel Insua (na súa derradeira aparición no cinema antes da súa morte).

Estreouse o 21 de novembro de 2025 no Festival de Cinema de Xixón, onde gañou o premio á mellor dirección, e nos cinemas de España o 30 de abril de 2026.

Sinopse Un escultor estabelece o seu obradoiro nunha arredada zona rural da costa galega. Pouco a pouco, rompe os vínculos coa súa contorna e afástase de amigos e familiares, afundíndose nun illamento cada vez máis profundo. Mais a chegada inesperada dunha antiga amante obrigarao a afrontar as razóns da súa fuxida, cuestionando o seu desexo de soidade e a necesidade de volver escapar.

Elenco Violeta Gil Denis Gómez Miquel Insua

Notas

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Ángel Santos Categoría:Filmes rodados en Galicia