Chelonoidis niger becki é unha subespecie da tartaruga das Galápagos da familia Testudinidae endémica da parte norte da illa Isabela do arquipélago das Galápagos. Nalgunhas clasificacións tratouse como especie co nome Chelonoidis becki. Esta tartaruga está ligada a dúas liñaxes diferentes, unha das cales é a de Chelonoidis niger darwini da illa próxima de Santiago. Pénsae que foi o produto dun dobre evento de colonización que empezou hai uns 199.000 anos, e orixinouse por introgresión, na cal as femias de sangue puro mostraban unha maior selectividade polos machos dunha das liñaxes. Vive normalmente nas ladeiras norte, oeste e suroeste do volcán Wolf da illa Isabela, e ás veces recibe o nome de tartaruga do volcán Wolf. En canto á forma da coiraza, parece haber dous morfotipos hai dous morfotipos no volcán Wolf: de coiraza abovedada e de coiraza en sela.Pritchard 1996. The Galapagos tortoises: Nomenclatural and survival status. Chelonian Research Monographs. (1):1–85Como evolucionou para vivir nun ambiente específico, esta tartaruga só ocupa unha área duns 263 km2. A súa poboación estímase en 1.150 individuos.

Etimoloxía O epíteto do seu nome científico, becki, púxoselle en honor do ornitólogo estadounidense Rollo Howard Beck.Beolens B, Watkins M, Grayson M (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. . (Chelonoidis nigra becki, p. 21).

Hábitat Os hábitats naturais que prefire son os bosques e zonas arbustivas.

Dieta Ten unha dieta vexetariana.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de subespecies da tartaruga das Galápagos

Bibliografíaa Rothschild W (1901). "On a New Land-Tortoise from the Galapagos Islands". Novitates Zoologicae 8: 372. (Testudo becki, new subspecies).

Categoría:Testudínidos Categoría:Animais descritos en 1901