Chelonoidis niger porteri é unha subespecie da tartaruga das Galápagos endémica da illa de Santa Cruz do arquipélago das Galápagos. Nalgunhas clasificacións tratouse como unha especie, Chelonoidis porteri. Só se atopa nas ladeiras suroeste da illa, nunha área estimada de 141 km2. Viven libres na natureza uns 3400 individuos e a poboación está crecendo, malia estar en perigo crítico. As análises do ADNmt mostran que hai en realidade tres poboacións xeneticamente distintas na illa de Santa Cruz. Caracterízanse por ter unha coiraza oval negra (de 130 cm) que está abovedada, maior no centro que na parte frontal e ancha na parte anterior. A súa esperanza de vida é de 175 anos. Foi nomeada en honor do capitán da mariña estadounidense David Porter, que documentou a diversidade de tartarugas nas illas Galápagos a principios do século XIX.Elizabeth Hennessy. Saving Species: The Co-Evolution of Tortoise Taxonomy and Conservation in the Galápagos Islands. Enviromental History. Volume 25, número 2. The University of Chicago press journals.Günther A (1875) Description of the living and extinct races of gigantic land-tortoises. Philosophical Transactions of the Royal Society B 165: 251–284.Reptiles of Ecuador. Santa Cruz Giant-Tortoise esquerda|miniatura|250px|Mapa das illas Galápagos mostrando as localizacións das diferentes subespecies de tartarugas. As poboacións de vicina e porteri foron subdivididas posteriormente en varias subespecies. En 2015, a pequena poboación de Cerro Fatal da illa describiuse como unha subespecie distinta, C. n. donfaustoi, máis estreitamente relacionada con chathamensis (e formando un clado con esta e con abingdonii e hoodensis), mentres que a principal poboación do suroeste porteri viuse que estaba máis próxima ás tartarugas de Floreana e do sur de Isabela. Por tanto, agora na illa considérase que viven dúas subespecies: portieri (en senso estrito) e donfaustoi.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de subespecies da tartaruga das Galápagos Harriet (tartaruga)

Categoría:Testudínidos Categoría:Animais descritos en 1903