O Touro de Osuna é unha escultura da época ibera que data de finais do século V a. C., concretamente esculpida polo pobo turdetano, e que foi atopada en Osuna, Sevilla, no sitio arqueolóxico da antiga cidade ibérica de Urso. Trátase do altorrelevo dun touro deitado labrado nun perpiaño, que formaba parte dun monumento funerario, no cal tería función protectora.
A escultura está exposta no Museo Arqueolóxico Nacional de España, en Madrid, xunto a diversas esculturas do período ibérico, e ten o número de inventario 38416.
Simbolismo É un touro deitado tratado de forma realista e ríxida á vez. Os ollos están rodeados de profundas incisións que se prolongan enriba do nariz. A boca está entreaberta e a papada está tratada con incisións curvas e paralelas. O corpo é delgado e con cadeiras pronunciadas.
Características técnicas Tallado en pedra calcaria. As patas están pregadas polo xeonllo, e a punta das orellas e os cornos están rotos. Altura 64 cm; lonxitude 108 cm; grosor 42,5cm.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Escultura ibera Museo Arqueolóxico Nacional de España Iberos Turdetanos
Bibliografía Chapa, T., "La escultura zoomorfa ibérica en piedra", Madrid 1980, pp. 633-636. Engel, A.; Paris, P., "Une fortesse ibérique à Osuna (Fouilles de 1903)", en Nouvelles Archives des Missions Scientifiques et Littéraires XIII, 1904, pp. 357-487.
Categoría:Turdetanos Categoría:Esculturas iberas Categoría:Coleccións do Museo Arqueolóxico Nacional de España