Istolacio foi un caudillo e xefe militar dos turdetanos, cuxa actividade se produciu durante o século III a. C. Dotado de gran prestixio, organizou un grande exército con turdetanos e tropas celtiberas e iberas para oporse á invasión cartaxinesa de Hamílcar Barca.
Traxectoria Diodoro Sículo describe a Istolacio como un estratego celta ao servizo dos turdetanos, e descríbeo acompañado dun irmán que actuaba como lugartenente. Este irmán foi popularmente identificado como Indortes, sucesor de Istolacio, pero o texto de Diodoro non parece tratalos como o mesmo.
Cando Hamílcar e o seu continxente mercenario invadiron o val do Guadalquivir en 236 a. C., Istolacio foille ao encontro cun exército solicitado dos pobos turdetano e iberos da rexión. Porén, non estando preparados para a variedade e estratexia das forzas cartaxinesas, que incluían elefantes de guerra, foron derrotados. Istolacio mesmo foi torturado e crucificado.
Notas
Categoría:Turdetanos Categoría:Nados no século -III Categoría:Finados en -237 Categoría:Executados por crucifixión