Manuel Bouzas, nado en Pontevedra en 1993, é un arquitecto galego con sedes en Galicia e Nova York.

Traxectoria

Graduouse en Arquitectura con matrícula de honor en 2018 na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (Universidade Politécnica de Madrid) e Master of Design Studies pola Harvard University Graduate School of Design.

Combina o traballo profesional coa actividade académica, Colaborou como J-Term instructor en Harvard GSD, asistente no Departamento de Proxectos Arquitectónicos da ETSAM (UPM), investigador visitante no Tsukamoto Lab (Atelier Bow-Wow) no Tokyo Institute of Technology e profesor na profesor na Universidade Cornell de Nova York. Foi seleccionado para o comisariado do Pavillón de España na XIX Bienal de Arquitectura de Venecia 2025.

Participou nas Bienais de Venecia de 2018 e 2023, tamén XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo de 2021.Realizou a guest room (xunto ao estudio de arquitectura salazarsequeromedina) con madeira de montes queimados, para a Feira Internacional de Arte Contemporánea Arco.

É editor de Obradoiro, a revista do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Premios e distincións

Premio COAM Emerxente 2020 polo Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid Bolsa La Caixa de Posgrao 2021 Renzo Piano World Tour Award 2022 Premio Princesa de Xirona Arte 2025 Premio ROOM Futuro 2025

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1993 Categoría:Arquitectos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid