A gens Popília (en latín, Popillia) foi unha gens romana de orixe plebeaSmith (1870), p. 497 de orixe etrusca. Ás veces, os manuscritos de Tito Livio ou Dión Casio empregan a forma Popilia (Popilia), cun só l, pero nos Fastos Capitolinos sempre aparece como Popillia e non hai moedas que o poidan aclarar.
Gañaron notoriedade cando a Lex Licinia Sexta permitiu que os plebeos puidesen acceder ao consulado e só oito anos despois, un dos seus membros, Marco Popilio Lenas foi elixido cónsul. Moitos dos membros da póla principal levaban o apelido Laenas. Esta rama extinguiuse durante o reinado de Augusto coa morte de Paula Popilia.Szramkiewicz (1972), p. 119 Outra póla menor da familia coñécese por unha inscrición funeraria e levaba o apelido Achaicus Quietus.Wilson (1912), pp. 182-183. O primeiro en obter o consulado foi Marco Popilio Lenas no ano 359 a. C., que tamén foi o primeiro plebeo en obter as honras dun triunfo.
Orixe O nomen Popillius parécese a outros nomes que terminan en -illius e -ellius, que xeralmente se formaban directamente a partir de cognomen, pero quizais, como Poplius, debería clasificarse cos que terminan en -ilus, que normalmente se forman a partir doutros nomes e palabras que terminan en -ulus, que poderían, como Popillius, escribirse cun simple ou dobre 'l'. Isto suxire que a raíz do nomen é a palabra latina populus, o pobo.Chase (1897), pp. 122-124
Praenomina Os principais praenomina dos Popillii eran Marcus, Gaius e Publius, todos eles dos nomes máis comúns en todos os períodos da historia romana. Outros praenomina asociados cos Popillii son Titus e Quintus, que tamén eran moi comúns.
Pólas e cognomina Nesta familia, só se coñece un único cognomen durante a República, o da familia Popilio Lenas que foi a única que chegou ao consulado. Levaba o apelido Laenas, que significa con capaChase (1897) p. 112 e a causa é explicada por Cicerón quen describe o incidente que se cre que deu lugar ao cognomen: o apelido deriva do termo laena, en referencia ao manto sacerdotal que levaba Marco Popilio Lenas, cónsul no ano 359 a. C. e flamen de Carmenta.Broughton (1951), p. 121 Estaba a realizar un sacrificio público coa súa capa sacerdotal, ou laena, cando soubo dun disturbio ocasionado por conflitos entre os plebeos e a nobreza patricia pois, os primeiros, estaban a se levantar contra o Senado. Rapidamente, se dirixiu ao Foro co manto posto e conseguiu calmar os plebeos cun discurso.Cicerón, Brutus, 56Guérin (2009), p. 254 En todo caso, Volkman, opina que Cicerón usa incorrectamente este episodio para explicar a orixe do epíteto Laenas de Popilio, e que probablemente orixinalmente era un apelido etrusco que evolucionou ata converterse nun cognomen co tempo.Volkmann (1953), p. 59
Os seus descendentes, durante o século II a. C., non parecía que compartisen o carácter do seu devanceiro, pois, como dixo o historiador William Ihne, "a familia dos Laenates distinguíase desfavorablemente mesmo entre os romanos pola súa severidade, crueldade e altiveza de carácter". O nome atópase ocasionalmente como Lenas nalgúns manuscritos de Livio. Menciónanse varios Popillii sen apelido, pero algúns deles puideron pertencer á mesma familia.
República
Popillii Laenates Marco Popilio Lenas. Foi cónsul no 359 a. C. e, repeleu un ataque dos tiburtinosTito Livio (1990), p. 290 (Libro VII, 12,1) e, no seu segundo consulado no ano 356 a C., obrigounos a se refuxiaren nas súas cidades e arrasou os seus campos.Tito Livio (1990), p. 299 (Libro VII, 17,1) Foi o primeiro plebeo en obter un triunfo,Tito Livio (1990), p. 312 (Libro VII, 25,2) despois de derrotar os galos durante o seu terceiro consulado, no ano 350 a. C., e foi cónsul por cuarta vez no ano 348 a. C.Tito Livio (1990), p. 316 (Libro VII, 26,13) Marco Popilio Lenas, cónsul no 316 a. C.Tito Livio (1990), p. 137 (Libro IX, 21, 1) Marco Popilio P. f. P. n.Lenas, cónsul no 173 a. C.Broughton (1951). p. 407 Foi un dos tres embaixadores enviados á Liga Etolia en 174 a.C.Smith (1870), p. 497 Caio Popilio Lenas, cónsul no 172 e no 158 a. C.Broughton (1951). p. 410 Marco Popilio M. f. P. n. Lenas, cónsul no 139 a. C.Broughton (1951). p. 491 Caio Popilio C.f., pretor urbano no ano 133 a. C. que presidiu unha reunión do Senado cando decretou instrucións para as relacións dos futuros gobernadores de Asia con Atalo III.Broughton (1951). p. 492 Publio Popilio Lenas, cónsul no 132 a. C.Broughton (1951). p. 497 Procesou os partidarios de Tiberio Graco, que fora asasinado o ano anterior. Caio Graco presentou entón unha lei para castigar a aqueles que condenaran a un cidadán romano sen xuízo, e Popilio preferiu exiliarse en lugar de ser xulgado el mesmo. Regresou tras a morte de Graco. Cneo Popilio Lenas, un dos asasinos de César. Caio Popilio Lenas, un tribuno militar, executou a Cicerón por orde dos triunviros, e recibiu de Marco Antonio un premio dun millón de sestercios máis que a cantidade acordada.Apiano (Bellum Civile: IV, 19)
Outros Outros Popilio notables sen apelido asignado son:
Tito Popilio, legado do exército romano que asediou Capua no ano 211 a. C.Tito Livio (26,6) Publio Popilio, un dos tres embaixadores enviados ao rei Sífax de Numidia no ano 210 a. C.Tito Livio, 27,4 Publio Popilio P. f. Teretina, senador no ano 129 a. C.Sherk (1966), p. 368. Quinto Popilio Pf. Romilia, senador no ano 129 a. C. Malia ter a mesma filiación, os dous senadores do ano 129 non estaban directamente relacionados, xa que Quinto pertencía á tribo Romilia e Publio era da Teretina. Caio Popilio – alcumado Sabelo –, cabaleiro romano que se distinguiu na campaña contra os istrios no ano 178 a. C. Caio Popilio Caro Pedo, cónsul suffectus no 149, posteriormente foi gobernador de varias provincias. Popilio Pedo Aproniano, cónsul no 191, despois procónsul de Asia.Leunissen (1989), p. 132
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Apiano. Bellum Civile.
Categoría:Gens Popilia