Marco Popilio Lenas ou Marco Popilio Lenate (en latín, M. Popillius M. f. M. n. Laenas), foi un político romano do século IV a. C., membro da familia Popillius Lenates, pertencente á gens Popilia, unha antiga gens de orixe plebea.Smith (1870), p. 497 Era fillo do cónsul do mesmo nome, Marco Popilio Lenas, quen fora catro veces cónsul. Obtivo o consulado no ano 316 a. C.Broughton (1951), p. 155

Traxectoria

Consulado Foi elixido cónsul no ano 316 a. C. xunto con Espurio Naucio Rutilo. Os dous permaneceron en Roma durante todo o mandato, xa que o mando das operacións contra os samnitas foi dado ao ditador Lucio Emilio Mamercino Privernato.Tito Livio (1990), p. 137 (Libro IX, 21, 1)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Lista de cónsules romanos na República

Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Nados no século -IV Categoría:Gens Popilia