Isaac Vázquez Pérez, nado en Ourense o 10 de outubro de 2004, é un xogador de baloncesto galego que xoga no Básquet Girona, da Liga ACB. Cunha altura de 1,93 metros, xoga na posición base.
Traxectoria Fillo do histórico xogador do Club Ourense Baloncesto, Sony Vázquez, formouse no Bosco Salesianos, club vencellado ao propio COB, e debutou na tempada 2022/23 na Liga EBA, na que militou durante dúas tempadas.
Na tempada 2024/25 o COB cedeuno á Cultural Leonesa, da Segunda FEB, coa que disputou os playoffs de ascenso á Primeira FEB.
O 20 de xuño de 2025, volveu ao COB para unirse ao seu equipo da Primeira FEB. Militou un ano no club ourensán, ata que en xuño de 2026 fichou polo Básquet Girona, da Liga ACB.
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 2004 Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores do Club Ourense Baloncesto Categoría:Xogadores do Bàsquet Girona