miniatura|250x250px|Praza común do castro cun banco corrido de pedra. miniatura|250x250px|Baños públicos que datan de antes da chegada de Roma. miniatura|250x250px|Edificio de planta rectangular. O castro Chao Samartín, localizado en Grandas de Salime (Asturias, España) é un recinto fortificado fundado a finais da Idade de Bronce (século IX-século VIII a. C.) que se mantivo habitado até finais do século II d. C., cando foi destruído por un movemento sísmico que arrasou o poboado. Trátase dun sitio arqueolóxico visitable, conta cun museo inmediato ás ruías e un notable repertorio bibliográfico.VILLA VALDÉS, A. (2005)VILLA VALDÉS, A. (2007) 27-60VILLA VALDÉS, A.; CABO PÉREZ, L. (2003) 143-151VILLA VALDÉS A. (Ed.)(2009)

Historia Idade de Bronce A orixe do poboado fortificado remóntase a finais da Idade de Bronce (hai uns 3.000 anos); desa época son as primeiras defensas, un foso e unha empalizada que rodeaban un recinto sacro cunha entrada presidida por unhas grandes rochas e onde se situaba un edificio bastante grande para a época (uns 60 m²).

Idade de Ferro Xa na Idade de Ferro a zona habitada do castro empeza a medrar de forma considerable e duplícanse as defensas. Nl século IV a. C. as defensas compoñíanse dun muro e varios fosos en cuxo interior estaban as cabanas de planta circular e rectangular con esquinas redondeadas. Contaban cunha sala e teito vexetal. Tamén se construíu nesta época a primeira sauna e testemuñáronse talleres metalúrxicos relacionados coa transformación do ouro, a prata e o bronce. A única entrada ao poboado era polo sur grazas a un portón que salvaba o foso. Os habitantes eran agricultores, preparaban os alimentos en pezas cerámicas e tiñan ferramentas de ferro, cobre, prata e ouro, segundo demostran os restos atopados no lugar.

Época romana Coa chegada do Imperio Romano, comeza un tempo de paz e prosperidade chegando a renunciar ás defensas e aproveitando o ter moi preto varias minas de ouro. Esta prosperidade foi freada por un abandono repentino do poboado por mor dun terremoto, contra o século II.

Sobre as ruínas do poboado romano situouse, en tempos da Monarquía Asturiana (séculos IX-X), unha necrópole que prolongou o uso funerario do Chao Samartín até o fin da Idade Media.

Escavacións O castro comezouse a escavar en 1990 e aínda falta gran parte do poboado por estudar. Debido ao abandono repentin, atopáronse moitas ferramentas mesmo xoias e outros obxectos de valor na época romana.

Conservación En 2020 un discutido proxecto de consolidación (que vai contra o informe do Consello Internacional de Monumentos e Sitios - ICOMOS) ameaza o sitio arqueolóxico.

Notas

Véxase tamén Bibliografía VILLA VALDÉS, A. (2005): El castro El Chao Samartín. Guía para su interpretación y visita. Ed. Sociedad Arqueológica Profesional. Asturias. VILLA VALDÉS, A. (2007): "Mil años de poblados fortificados en Asturias (siglos IX a.C.-II d.C.)", en J.A. Fernández-Tresguerres (Coord.): Astures y romanos: nuevas perspectivas. Oviedo, 27-60. VILLA VALDÉS, A.& CABO PÉREZ, L. (2003): "Depósito funerario y recinto fortificado de la Edad del Bronce en el castro del Chao Samartín: argumentos para su datación", en Trabajos de Prehistoria 60, n.º 2. Madrid, 143-151. VILLA VALDÉS, A. (Ed.) (2009): Museo Castro El Chao Samartín. Catálogo. Consejería de Cultura y Turismo del Principado de Asturias y Asociación de Amigos del Parque Histórico del Navia. Oviedo

Outros artigos Castros de Asturias Cultura castrexa

Ligazóns externas Páxina web oficial do Castro e do Museo do Chao Samartín.

Categoría:Grandas de Salime Categoría:Bens de Interese Cultural de Asturias Categoría:Castros de Asturias