A 68ª edición do Festival de Eurovisión celebrouse do 7 ao 11 de maio de 2024 no Malmö Arena da cidade de Malmö, Suecia, tras a vitoria sueca no Festival de Eurovisión 2023 coa canción «Tattoo» de Loreen. Foi a sétima vez que Sveriges Television (SVT) organizou o certame xunto coa Unión Europea de Radiodifusión (UER) e a terceira en Malmö tras as edicións de 1992 e 2013. As tres galas foron presentadas por Malin Åkerman e Petra Mede, sendo para esta última a terceira ocasión en que presentou o concurso tras as edicións de 2013 e 2016.

A edición de 2024 marcou a quinta ocasión, desde a reintrodución dos xurados profesionais xunto co televoto en 2009, en que o gañador do certame non se impuxo no voto popular. Nesta edición, Croacia alzouse coa vitoria no televoto, mentres que Suíza foi a gañadora entre os xurados profesionais, un fenómeno que tamén ocorreu en 2015, 2016, 2019 e 2023.

Organización

Sede do festival esquerda|miniatura|236x236px|Malmö Arena, escenario da edición de 2024. O concurso de 2024 tivo lugar en Malmö, Suecia, tras a vitoria do país na edición de 2023 coa canción «Tattoo», interpretada por Loreen. Foi a sétima vez que Suecia acolleu o concurso, despois de telo feito previamente en 1975, 1985, 1992, 2000, 2013 e 2016. O recinto seleccionado foi o Malmö Arena, con capacidade para 15 500 prazas, un pavillón cuberto polivalente que serve como sede para partidos de balonmán, partidos de floorball, concertos e outros acontecementos. O recinto xa acollera a edición de 2013.

Candidaturas oficiais e fase de licitación Inmediatamente despois da vitoria de Suecia na edición de 2023, as primeiras cidades que manifestaron o seu interese por acoller a edición de 2024 foron Estocolmo, Gotemburgo e Malmö, as tres cidades máis grandes do país e as tres que xa acolleran anteriormente o concurso. Ademais destas, outras cidades tamén expresaron a súa intención de presentarse nos días posteriores á vitoria, como Eskilstuna, Jönköping, Örnsköldsvik, Partille e Sandviken.

SVT estableceu como data límite o 12 de xuño de 2023 para que as cidades interesadas presentasen formalmente as súas solicitudes. Estocolmo e Gotemburgo anunciaron oficialmente as súas candidaturas os días 7 e 10 de xuño, respectivamente, seguidas por Malmö e Örnsköldsvik o 13 de xuño. Pouco antes do peche do período de solicitudes, SVT revelou que recibira varias candidaturas, aclarando posteriormente que procedían desas catro cidades. Antes dese anuncio, Sandviken e Jönköping xa declararan que se retiraban. Posteriormente, o 7 de xullo, informouse de que as candidaturas de Gotemburgo e Örnsköldsvik foran rexeitadas. Máis tarde, ese mesmo día, a UER e SVT anunciaron Malmö como cidade anfitrioa.

+Posibles cidades e recintos Cidade Localización Capacidade Notas Ref. Gotemburgo Scandinavium 14 000 Sede de Eurovisión 1985. O estadio tamén acolle as semifinais do Melodifestivalen desde o 2003. Partille Arena 5 500 Sede do Coro do Ano de Eurovisión en 2019. Jönköping Husqvarna Garden 7 000 Sede das semifinais do Melodifestivalen en 2007. Malmö Malmö Arena 15 500 Sede de Eurovisión 2013. O estadio tamén acolle as semifinais do Melodifestivalen desde 2009. Sandviken Goransson Arena 10 000 Sede das semifinais do Melodifestivalen en 2010. Os plans incluían a cooperación doutros municipios de Gävleborg. Örnsköldsvik Hägglunds Arena 9 800 Acollera as semifinais do Melodifestivalen nos anos 2007, 2010, 2014 e 2018. Partille Partille Arena 5 500 Acollera o Coro do Ano de Eurovisión en 2019, mais non cumpría os requisitos de capacidade da UER. Estocolmo Friends Arena 65 000 O estadio acolle as finais do Melodifestivalen desde o 2013. É o recinto preferido polo Concello de Estocolmo. Tele2 Arena 45 000 - Arena temporal 14 000 Proposta de construción dun pavillón provisional no porto de Frihamnen, motivada polas necesidades de produción do concurso e pola dificultade de atopar dispoñibilidade nas seis semanas requiridas. Eskilstuna Stiga Sports Arena 3 700 Sede da segunda oportunidade do Melodifestivalen en 2020. Cidade sede Cidade finalista Cidade eliminada na segunda fase Cidade eliminada na primeira fase

Datas O 7 de xullo de 2023, no mesmo anuncio no que se confirmaba que Malmö sería a cidade sede, reveláronse as datas das semifinais, fixadas para o 7 e o 9 de maio de 2024, e a da final, que se celebraría o 11 de maio.

Lema e identidade visual O 14 de novembro de 2023, a UER anunciou que «United by Music» («Unidos pola música»), o lema do concurso de 2023, se mantería para 2024 e futuras edicións. A arte temática que o acompaña para 2024, denominada «The Eurovision Lights» («As luces de Eurovisión»), deuse a coñecer o 14 de decembro. Deseñada polas axencias con sede en Estocolmo Uncut e Bold Scandinavia, baséase en degradados simples e lineais inspirados nas liñas verticais que se atopan nas auroras e nos ecualizadores de son, e foi concibida tendo en conta a súa adaptabilidade a diferentes formatos.

Deseño do escenario O deseño do escenario para o concurso de 2024 revelouse en decembro de 2023 e foi ideado polo deseñador de produción alemán Florian Wieder, que xa deseñara os decorados de seis concursos anteriores, o máis recente deles en 2021. A iluminación e o contido das pantallas foron deseñados polo deseñador sueco Fredrik Stormby. O escenario contou con cinco cubos LED móbiles, chans e unha pantalla de fondo, xunto con outras tecnoloxías de iluminación, vídeo e escenografía, todo iso arredor dun centro en forma de cruz, co obxectivo de «crear unha experiencia única de 360 graos» para os espectadores. A construción do escenario comezou o 2 de abril e concluíu o 25 de abril.

Sistema de votación e normativa Despois de que o resultado do concurso de 2023, que rematou coa vitoria de Suecia malia a primeira posición de Finlandia no televoto, provocase controversia entre a audiencia, a emisora norueguesa NRK iniciou conversas coa UER sobre unha posible revisión do procedemento de votación do xurado. Así, o xefe da delegación norueguesa pediu reducir o seu peso na votación da final do 49,4 % ao 40 % ou ao 30 %. A decisión sobre os posibles cambios que se aplicarían dependía do grupo de referencia do concurso e debateríase en setembro de 2023, cunha decisión prevista para xaneiro de 2024.

Por outra banda, no Festival de Televisión de Edimburgo, en agosto de 2023, o subdirector xeral da UER, Jean Philip de Tender, falou sobre a posibilidade de prohibir a intelixencia artificial para preservar a contribución humana, xa que consideraba que «a creatividade debería provir das persoas e non das máquinas».

Duración Informouse de que a emisora SVT estaba a avaliar posibles cambios no formato para reducir aproximadamente unha hora a duración da final, que aumentara significativamente desde a introdución de elementos como o desfile de bandeiras de apertura en 2013 e o bloque de votacións dividido entre xurado e televoto desde 2016.

Sorteo de asignación das semifinais Organízase un sorteo para determinar a semifinal asignada aos países participantes. Os semifinalistas divídense nunha serie de bombos, baseados en patróns históricos de votación, co obxectivo de reducir as posibilidades de «votación en bloque» e aumentar a expectación nas semifinais. O sorteo tamén determina en que semifinal participa cada un dos clasificados automáticos: o país gañador do ano anterior (Suecia) e os «Big Five» (Alemaña, España, Francia, Italia e Reino Unido).

A cerimonia celebrouse en xaneiro de 2024 e incluíu a entrega da insignia da cidade anfitrioa por parte de Andrew Lewis, director executivo do Concello da anterior cidade anfitrioa, Liverpool, ao alcalde da cidade anfitrioa de 2024.

Produción A edición de 2024 foi producida pola radiodifusora nacional sueca Sveriges Television (SVT). O equipo encargado do certame contou con Ebba Adielsson como xefa de produción executiva, Christel Tholse Willers como produtora executiva encargada da comunicación, Tobias Åberg como executivo encargado da produción e Johan Bernhagen como produtor executivo. Willers, Åberg e Bernhagen xa traballaran nos certames de 2013 e/ou 2016, celebrados en Malmö e Estocolmo, respectivamente, en diversos cargos.

Países participantes

Cancións e selección + País e TV Artista Proceso e data de selección Tradución ao galego Linguas AlbaniaRTSH «Titan» BesaFestivali i Këngës 62, 22-12-2023(Presentación da versión final, 11-03-2024) «Titán» Inglés AlemañaNDR «Always on the Run» IsaakEurovision Song Contest – Das Deutsche Finale 2024, 16-02-2024 «Sempre fuxindo» Inglés ArmeniaAMPTV «Jako» Ladaniva Elección interna, 09-03-2024(Presentación da canción, 13-03-2024) – Armenio AustraliaSBS «One Milkali (One Blood)» Electric Fields Elección interna, 05-03-2024 «Un sangue» Inglés e yankunytjatjara AustriaORF «We Will Rave» KaleenElección interna, 16-01-2024(Presentación da canción, 29-02-2024) «Deliraremos» Inglés AcerbaixánİTV «Özünlə Apar» Fahree feat. Ilkin DovlatovElección interna, 07-03-2024(Presentación da canción, 15-03-2024) «Lévame contigo» Inglés e azarí BélxicaRTBF «Before The Party's Over»MustiiElección interna, 30-08-2023(Presentación da canción, 20-02-2024) «Antes de que remate a festa» Inglés ChequiaČT «Pedestal» Aiko ESCZ 2024, 13-12-2023