O Galapagos Conservation Trust (GCT) é unha entidade filantrópica británica conservacionista (co número de rexistro 1043470) que se centra en salvar animais que están en risco de extinción nas illas Galápagos. É un membro das Friends of Galapagos Organisations (tamén coñecidas como a Rede Darwin). Creouse en 1995 pola Royal Society de Londres. Esta entidade filantrópica recada fondos para apoiar proxectos de conservación pioneiros nas illas, e aumentar a concienciación da conservación das Galápagos tanto no Reino Unido coma no Ecuador para asegurar a preservación da fauna e flora únicas das illas.
Os seus embaixadores son Liz Bonnin, Stanley Johnson, Henry Nicholls, Sarah Darwin, Monty Halls, Julian Fitter, Angela Darwin, Jennifer Stone, Dr Antje Steinfurth, Nigel Sitwell, Dorothy Latsis e Sir James Barlow. Deles, Barlow e Sarah Darwin descenden de Charles Darwin. Angela Darwin é unha Darwin por matrimonio (é viúva de George Pember Darwin, fillo de Charles Galton Darwin).
Proxectos
O GCT apoia proxectos en áreas clave como as seguintes: conservación de especies endémicas, control de especies invasoras, conservación mariña, conservación pola educación e desenvolvemento sustentable. Traballando estreitamente coas autoridades e organizacións das Galápagos e do Ecuador continental, a súa beneficencia apoia unha ampla variedade de proxectos, desde estudos de especies determinadas e a restauración a escala de ecosistema para promover iniciativas de reciclaxe local e educación.
O GCT está implicado no Proxecto do Pimpín do Mangleiral que traballa para salvar da extinción ao pimpín en perigo crítico Camarhynchus heliobates.
O GCT colaborou coa Real Sociedade Xeográfica (con IBG) para poñer en funcionamento o seu recurso educativo Discovering Galapagos. O recurso consiste en dúas páxinas web, unha adaptada e ligada ao currículo británico e outra adaptada ás Galapagos e o Ecuador continental. Un blog bilingüe conecta os dous sitios permitindo interaccións entre estudantes de todo o mundo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Galapagos Conservation Trust (en inglés) DiscoveringGalapagos.org.uk (en inglés) DescubriendoGalapagos.ec (en castelán)
Categoría:Illas Galápagos Categoría:Conservacionismo